Lunes 29 de Diciembre de 2003
Portada - Opinión - Ferrol - Comarcas - Galicia - Deportes - España -
Mundo - Economía - Sociedad - Sucesos - Comunicación - Última Página -
Aprender a pensar resolvendo problemas matemáticos
Dous dos autores mostran a publicación da editorial Anaya / C. Carballeira Redacción / Ferrol
O ensino das Matemáticas está cambiando pouco a pouco a súa metodoloxía. Se antes o que primaba era a aprendizaxe de fórmulas e máis formulas coa fin de resolver complicados problemas que nunca tiñan nada que ver coa realidade, as tendencias actuais dalgúns profesores van por ensinar a razonar para poder resolver cuestións que teñan unha aplicación directa na vida.
Un grupo de cinco profesores ferrolanos de Matemáticas -Jesús Castro López, Santiago Gallego Savedra, Jorge Mejuto Couce, Luis Puig Mosquera e Concepción Ulloa Fernández de Sanmamed- teñen publicado un libro, “Resolución de problemas”, que responde a esta nova idea de ensinanza, coa que ademais de poñer en funcionamento as neuronas dos alumnos éstes pasan unhas clases de forma máis agradable. “Non todo é aplicar unha fórmula ou facer procesos sistemáticos, neste libro hai problemas para desenvolver a intelixencia e os alumnos ven que as matemáticas non son aburridas”, explica Jesús Castro. De feito, prosegue, “ós estudiantes gústanlles moito os exercicios e nos piden máis como éstes”.
Unha das motivacións que lles levou a embarcarse nesta nova didáctica foi o mal resultado dos estudiantes españois nas olimpíadas internacionais de Matemáticas. “Xeralmente quedan mal porque están acostumados a aplicar fórmulas e non a empregar o raciocinio”, xustifica Castro.
Tanto el como Concepción Ulloa recoñecen que lles custou moito adaptarse a esta forma de ensinanza “pero vimos que aprenden moito mellor os conceptos matemáticos”.
A idea de recompilar estes problemas xurdiu cando comezou a impartirse na ESO a asignatura “Obradoiro de matemáticas”, para a que non se tiña moito material didáctico. Así, os cinco docentes foron aplicando nas súas clases estas propostas e, cando atopaban a solución dábanlle unha volta máis buscando outra vía de resolución.
O libro contén problemas con diversos graos de dificultade para alumnos de varios niveis ou para aqueles que queiran disfrutar un rato aplicando o raciocinio.
Como exemplo, un exercicio dos máis doados: “Un caracol sobe verticalmente por unha tapia de dez metros de altura. Durante o día sobe dous metros, e durante a noite esvara, baixando un. ¿Cantos días tardará en subi-lo muro?”. O volume complétase cunha biobliografía onde se encontran máis libros semellantes.
Os interesados en obter un exemplar teñen que poñerse en contacto coa asociación Agapema, xa que o volume non se comercializa.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Sucesos |
Economía | Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |