AGAPEMA

 Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática

CURSO DE CREACIÓN E XESTIÓN DE BASES DE DATOS ACCESS  

CONVOCATORIA DIRIXIDA Ó PROFESORADO DE GALICIA.

Inscrición

AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores  de Educación Matemática) organiza  a seguinte actividade:

 TÍTULO

CREACIÓN E XESTIÓN DE BASES DE DATOS ACCESS

Modalidade

Curso

Coordinadora

Inés Ben González

Destinatarios

Profesorado de primaria, secundaria e universidade.

Criterios de Selección

-Estar impartindo docencia nos centros educativos de Galicia

-Orde de chegada da inscrición.

Nº de prazas

20

Lugar de celebración

Lugo.  IES  Xoan Montes

Obxectivos

-Amosar as posibilidades das Bases de Datos  como medio de tratamento da información.

-Conseguir os coñecementos necesarios para a definición, organización e control de datos.

-Adquiri-las destrezas básicas para o uso da aplicación ACCESS e a súa utilización para a aprendizaxe das matemáticas.

 

Contidos

-¿Que é e para que serve unha Bases de Datos?

-Iniciación a unha aplicación de xestión de Base de Datos.  Access.

-Planificación e creación dunha primeira Base de Datos.  Introducción de datos.

-Compoñentes principais dunha Base de Datos Relacional.

-Introducción de datos. Consultas. Formularios. Informes.

-Introducción a SQL. Seguridade. Access e Internet.

Método de traballo

Presentación das posibilidades das Bases de Datos, realización de actividades prácticas por parte dos asistentes de creación e xestión de Bases de Datos mediante a aplicación Access e análise das vantaxes que pode reportar desde o punto de vista didáctico.

 

Horas de formación

12

Período de realización

Desenvolverase en febreiro de 2003, en horario non lectivo e coa seguinte periodicidade:

Día 14 en sesión de tarde (4 h, das 16,30 ás 20,30 horas) e día 15 en sesións de mañá e tarde (8h, das 9,30 ás 13,30 e das 16,30 ás 20,30 horas).

Condicións de participación

Será imprescindible a asistencia ó 85 % da  duración total para ter dereito á correspondente certificación. 

Recepción de solicitudes

AGAPEMA. Aptdo. 301.  Lugo.

Enderezo de correo electrónico  admin@allegue.com

Inscrición

Cubrir formulario de inscrición e remitir antes do 3/02/2003.

Cuota de 20 euros.  Gratuíta para os asociados.

Curso homologado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

volver - correo