A aparición das tecnoloxías da información, xunto a evolución
que experimentou o Software informático ofrecen novas formas de ensino
e aprendizaxe. Aínda así, os contidos que forman parte do curriculum
de matemáticas (concretamenta da estatística) e outras materias
véñense ensinando da mesma forma, e, utilizando na súa
planificación os mesmos recursos e metodoloxías de fai varias
décadas.
O valor engadido que ofrece a teleformación é a posibilidade do
uso de medios tecnolóxicos como Internet e da video-conferencia.

A Universidade da Coruña conta cunha plataforma propia de teleformación dende a que os profesores poden atender titorías virtuais, poñer materiais a disposición dos alumnos ou crear foros de debate. O acceso a esta plataforma está restrinxido aos propios alumnos ofrecendo a posibilidade de impartir cursos a distancia por medio de Internet. Este acceso chégase dende: http://www.udc.es/ucv/indexflashg.html
Nesta traballo se presentará un proxecto piloto de teleformación
(PRECURSO DE ESTATÍSTICA) que nace co espíritu de comenzar un
proceso de innovación, que consideramos necesario, no ámbito da
didáctica específica das Matemáticas. Concretamente trátase
da elaboración de materiais de matemáticas para os alumnos que
empezan unha carreira técnica.
Por outra parte Internet ofrece unha enorme cantidade de material que pode resultar
de gran utilidade aos profesores e estudiantes de estatística. Pero a
expresión "enorme cantidade" no so ten connotacións
positivas, entre material realmente interesante, tamén hai moito irrelevante
ou, canto menos, reiterativo. Por tanto, é tamen interesante facer unha
pequena referencia aos recursos que ofrece Internet para o esino. Neste senso
presentaránse algunos dos máis salientables, que poden verse na
páxina do Departamento de Matemáticas: http://www.udc.es/dep/mate/recursos.html.