|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
|
|||||||
|
Modalidade |
Congreso e, a efectos de recoñecemento, pode asimilarse á modalidade básica curso. |
|||||||
|
Destinatarios |
Profesorado de Primaria, de Matemáticas de Secundaria e de Universidade |
|||||||
|
Criterios de Selección |
-Estar impartindo matemáticas nos centros educativos de Galicia -Orde de chegada da inscrición |
|||||||
|
Nº de prazas |
150 prazas. |
|||||||
|
Lugar de celebración |
Santiago de Compostela. Facultade de Matemáticas |
|||||||
|
Obxectivos |
-Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación matemática -Brindar a posibilidade de encontro entre tódolos profesores e profesoras de Galicia interesados no ensino das matemáticas para facilitar o intercambio de ideas e experiencias, así como a presentación e difusión de recursos didácticos -Ofrecer un espazo para coñecer mellor e gozar do mundo das matemáticas con exposicións de diversas experiencias e mostras A actividade está orientada a facilitar a actualización do profesorado de Matemáticas, difundir as correntes do pensamento matemático, impulsar o desenvolvemento da investigación en educación matemática, dar a ocasión de coñecer innovacións educativas e difundir distintas liñas para a aprendizaxe e ensinanza das matemáticas |
|||||||
|
Horas de formación |
14 h |
|||||||
|
Período de realización |
Desenvolverase en xuño de 2006, durante os días 23 e 24 Venres en sesión de tarde, 6 h, das 15:30 ás 21:30 horas sábado en sesións de mañá e tarde, 8 h, das 9:30 ás 14 e das 16 ás 20 horas |
|||||||
|
Condicións de participación |
Será imprescindible a asistencia ó 85 % da duración total para ter dereito á correspondente certificación |
|||||||
|
Recepción de solicitudes |
Páxina web de Agapema Enderezo AGAPEMA, Apartado 1097 de Santiago |
|||||||
|
Inscrición |
Socios de AGAPEMA e APM: Gratuíto. Non Socios: 40 €. Estudantes 10 € Despois do 15 de maio de 2006, non socios: 46 €. Estudantes 10 € Cubrir formulario de inscrición e remitir antes do 10/06/2006 |
|||||||
Actividade pendente de homologación pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Os estudantes da Universidade terán 1 crédito por asistir ao congreso