AGAPEMA

 Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática

CURSO DE DERIVE

CONVOCATORIA DIRIXIDA Ó PROFESORADO DE MATEMÁTICAS DA PROVINCIA DE LUGO.

Inscrición 

TÍTULO

 

MATEMÁTICAS CON DERIVE

 

Modalidade

Xornadas

Coordinadora

Inés Ben González

Destinatarios

Profesorado de matemáticas de educación secundaria e universitaria.

Criterios de Selección

-Estar impartindo matemáticas nos centros educativos de Galicia.

-Orde de chegada da inscrición.

Nº de prazas

20

Lugar de celebración

Lugo.  IES Xoan Montes

Obxectivos

-Adquiri-las destrezas básicas para a utilización do programa DERIVE e a súa utilización na clase de matemáticas.

 

Contidos

1.-Iniciación o manexo e aplicación do programa Derive

2.-Operacións

    i.-Con números en distintas notacións (racional, científica, etc).Aproximar

    ii.-Con expresións literais. Simplificación

    iii.-Con números complexos

3.-Resolución

    i.-Ecuacións alxebraicas

    ii.-Sistemas de ecuacións lineais con e sin parámetros

    iii.-Sistemas de ecuacións non lineais

    iv.-Inecuacións. Sistemas de inecuacións 

    v.-Ecuacións non alxebraicas

4.-Cálculo de :Límites, Derivadas, Integrais definidas e indefinidas

5.-Representacións gráficas:

    i.-En 2 dimensións

    ii.-Familias de curvas

    iii.-En 3 dimensións

    iv.-Xeometría do espacio

    v.-Superficies obtidas ao xirar curvas arredor dos eixos

6.-Matrices e vectores

    i.-Operacións

    ii.-Sucesións

7.-Estatística e probabilidade

    i.-Estatística descriptiva. Cálculo de parámetros

    ii.-Probabilidade.  Distribuciòns de probabilidade

    iii.-Método de Montecarlo

 

 

Método de traballo

Presentación das posibilidades do programa, realización de actividades prácticas por parte dos asistentes e análise das vantaxes que pode reportar desde o punto de vista didáctico.

 

Horas de formación

12

Período de realización

Xuño de 2002

Día 14, das 17 ás 21 h. Día 15, das 9,30h ás 13,30h e das 16,30h ás 20,30 horas

Condicións de participación

Será imprescindible a asistencia ó 90 % da  duración total para ter dereito á correspondente certificación.

Recepción de solicitudes

AGAPEMA. Aptdo. 301.  Lugo.

Enderezo de correo electrónico    admin@allegue.com

Inscrición

Remitir formulario de inscrición antes do 15/05/2002.

Cuota de 20 euros.  Gratuíta para os asociados.

Xornadas homologadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con data 6 de febreiro de 2002.

 

 

 

volver - correo