AGAPEMA

 Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática

ESTATÍSTICA  CON  SPSS  

 

AGAPEMA organiza  a seguinte actividade:

 

Inscrición

CONVOCATORIA DIRIXIDA Ó PROFESORADO DE MATEMÁTICAS DE GALICIA

AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores  de Educación Matemática) organiza  a seguinte actividade:

 

TÍTULO

 

ESTATÍSTICA  CON  SPSS

Destinatarios

Profesorado de matemáticas de secundaria.

Criterios de Selección

-Estar impartindo matemáticas nos centros educativos de Galicia

-Orde de chegada da inscrición.

 

Nº de prazas

20

Lugar de celebración

Lugo.  IES  Xoán Montes

Obxectivos

-Amosar as posibilidades do SPSS como medio de tratamento da información numérica.

-Adquiri-las destrezas básicas para o uso da aplicación SPSS e a súa utilización para a aprendizaxe da estatística.

 

Contidos

 

1.       Iniciación ó manexo do programa SPSS.

1.1.      Transformar datos

1.2.      Datos, Variables, Tipos,...Introducción

1.3.      Expresións numéricas condicionadas ou non. Crear variables

1.4.      Selección de datos. Mostras aleatorias

1.5.      Ponderación de casos

1.6.      Categorización de variables. Recodificación.

2.       Análise de datos

2.1.      Análise descriptivo

2.2.      Análise exploratorio

2.3.      Análise de variables categóricas. Tabulas de continxencia

2.4.      Medias. Contrastes para as medias

2.5.      Análise da varianza factorial. ANOVA.

2.6.      Correlación

2.7.      Regresión

2.8.      Probas non paramétricas

 

Método de traballo

Tratamento dos contidos a partir de exemplos adecuados a cada caso ou xerados para ese fin, aplicando os procedementos que incorpora o programa para obter diferentes medidas e interpreta-los resultados acadados. Análise de posibles aplicacións do programa para o ensino de temas de probabilidade e estatística, así como para a representación gráfica de resultados.

 

Horas de formación

12

Período de realización

Desenvolverase o día 18 en sesión de tarde (4 h, das 16,30 ás 20,30 horas) e día 19 en sesións de mañá e tarde (8 h, das 10 ás 14 e das 16,30 ás 20,30 horas).

Condicións de participación

Será imprescindible a asistencia ó 85 % da  duración total para ter dereito á correspondente certificación.

Recepción de solicitudes

AGAPEMA. Aptdo. 301.  Lugo.

Enderezo de correo electrónico  agapema@agapema.com

Inscrición

Cubrir formulario de inscrición e remitir antes do 20/05/2004.

Cuota de 20 euros.  Gratuíta para os asociados.

Curso pendente de homologación  pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 

 

volver - correo