AGAPEMA

Educación Matemática e Internet

 Inscrición

CONVOCATORIA DIRIXIDA Ó PROFESORADO DE MATEMÁTICAS DE GALICIA

 

TÍTULO

 Educación Matemática e Internet  

Modalidade

Curso

Ámbito

Autonómico

Destinatarios

Profesorado de Matemáticas de Primaria e Secundaria

Criterios de Selección

-Estar impartindo matemáticas nos centros educativos de Galicia

-Orde de chegada da inscrición  

Nº de prazas

20

Lugar de celebración

Lugo.  IES  Xoán Montes

Obxectivos

-Ampliar e actualizar os marcos de referencia dos docentes de Matemáticas no uso didáctico de Internet                                                  

-Analizar as aplicacións educativas da función comunicativa e da función informativa de Internet

-Facilitar a utilización de Internet como soporte didáctico para a aprendizaxe das Matemáticas

-Explorar os recursos de Internet para os educadores matemáticos dos distintos niveis educativos

 

Contidos

 Información e servicios na rede Internet

  Estratexias de procura de recursos

  Proxectos en marcha sobre divulgación e estímulo matemático. Novas metodoloxías e contidos

  Programas e Software para Matemáticas

  Páxinas interactivas. Aprendizaxe colaborativo no contexto de Matemáticas e Internet

  Web Quest

  Bibliotecas virtuais e publicacións dixitais

 

Método de traballo

Tratarase cada unha das funcións e posibilidades de Internet desde a perspectiva educativa, de tal maneira que se coñeza  como acceder á información, recursos e materiais didácticos da rede e, simultaneamente, se analice o uso que lle podemos dar o profesorado de matemáticas, poñendo énfase na elaboración de estratexias de traballo con ese material

 

Horas de formación

12

Período de realización

Desenvolverase os días 21 e 22 de outubro

Venres en sesión de tarde (4 h, das 16,30 ás 20,30 horas) e

sábado en sesións de mañá e tarde (8 h, das 10 ás 14 e das 16,30 ás 20,30 horas) 

Condicións de participación

Será imprescindible a asistencia ó 85 % da  duración total para ter dereito á correspondente certificación 

Recepción de solicitudes

AGAPEMA. Aptdo. 301.  Lugo 

Enderezo de correo electrónico  agapema@agapema.com

Inscrición

Cubrir formulario de inscrición e remitir antes do 11/10/2005

Cuota de 20 euros.  Gratuíta para os asociados 

Curso homologado  pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.con data 7 de setembro de 2005

 

volver - correo