AGAPEMA

 Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática

I SAFARI FOTOGRÁFICO URBANO (Matemáticas)

I SAFARI FOTOGRÁFICO URBANO (Matemáticas)

 

I SAFARI FOTOGRÁFICO URBANO (Matemáticas)

O día 12 de maio, día das Matemáticas, inauguranse no Fórum Metropolitano da Coruña dúas Exposicións de Fotografía Matemática:

 

- Unha coa obra de Carlos Fernández Rodríguez, profesor de Matemáticas no IES de Curtis e 1º  premio de Innovación Educativa 2003 polos seus traballos neste eido, e

- Outra coas mellores fotografías realizadas polos alumnos dos centros participantes no I SAFARI FOTOGRÁFICO URBANO sobre Matemáticas.

Durante esa semana, do 12 ó 18 realizaranse obradoiros para os nenos e nenas que participaron no I SAFARI FOTOGRÁFICO URBANO sobre Matemáticas e tamén para as persoas adultas, segundo figura no seguinte cadro:

OBRADOIRO

ACTIVIDADES

1

Vídeo de ESCHER

Exposic. ESCHER

Observación

Expresión da observación

2

Möebius

Elaboración de cintas

3

Visita guiada Expo

Observación

Expresión da observación

4

Diapositivas

Elaboración

5

Publicidade

Elaboración dun anuncio

6

Dramatización

Escenificación  do anuncio elaborado

Sesións para adultos:

Días 14 e 16 de maio (mércores e venres) de 18:00 h a 19:30 h.

Contido da sesión:

- Información previa sobre fotografía e as expos.

- Visita guiada ás Expos.

- Actividade posterior na aula sobre temas relacionados coa fotografía e as  matemáticas.

volver - correo