AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| NORMAS DE PUBLICACIÓN DA REVISTA GAMMA |
PRAZOS: establécese o prazo ata o 30 de marzo do 2010 para a recepción de artigos para o nº º10 da revista GAMMA
GAMMA
Galicia + matemática.
Prezo 12 euros.
![]() |
![]() |
||
|
Nº 1 índice |
Nº 2 índice |
Nº 3 índice | Nº 4 indice |
|
|
29/10/2002 | ||||
Nº5 Indice
Nº6 Indice
|
GAMMA
7, outubro 2007 |
GAMMA 9 Índice
|
|||
NORMAS DE PUBLICACIÓN DA REVISTA.
Os artigos remitiranse por triplicado á redacción de GAMMA (Revista GAMMA, García Abad 3-1ºB, 27004 Lugo, Apartado de correos 301), impresos a dobre espacio, por unha soa cara, en formato Din A-4.
Non é preciso ser socio de AGAPEMA para poder enviar artigos para publicar en
GAMMA para a súa publicación.
As contribucións á revista poden ser en formatos distintos ós artigos: deseños,
recensións, pasatempos, etc.
Os datos de identificación do autor non deben figurar no texto orixinal, xa que
este será enviado a asesores para ser referenciado. Estes en ningún caso serán
informados da identidade do autor ou autores do traballo, e aconsellarán a
conveniencia ou non da publicación do traballo, recomendarán posibles
modificacións, etc.
Os gráficos, diagramas e figuras enviaranse en follas separadas (unha para cada
gráfico), en tinta negra sobre papel branco. Así mesmo, poderánse incluír
fotografías. No texto debe figurar o lugar onde deben ser colocadas; de igual
forma, se teñen que levar un pé de ilustración, este reseñarase na folla
onde aparece a ilustración.
Adxunto ó artigo redactarase un resumo, de entre cinco e dez liñas, que non
necesariamente ten que coincidir coa introducción ó artigo. Debe ir escrito en
folla á parte. Nese mesmo folio aparecerán os datos de identificación do
autor ou autores: nome e apelidos; enderezo completo; lugar de traballo; teléfono
de contacto.
Débese mandar tamén un disquete co arquivo de texto que conteña o artigo, así
como tantos arquivos gráficos, como figuras elaboradas co ordenador teña o
artigo, por separado e tamén integradas no texto. A etiqueta do disquete debe
identificalo sen que haxa lugar a dúbida. En canto ó formato dos arquivos de
texto, recoméndase MS-Word e WordPerfect en PC; os arquivos gráficos é
preferible que teñan formato EPS ou TIFF ou GIF, con resolución suficiente
(300 ppp) .
En calquera caso, tanto un exemplar do texto como os gráficos, se proceden de
impresoras, deben ser orixinais e non fotocopias.
Os traballos enviaranse completos, aínda que por necesidades de edición pode
que se publiquen por partes.
As notas a pé de páxina deben ir numeradas correlativamente, con superíndices
ó longo do artigo.
A bibliografía disporase ó final do artigo, por orde alfabética de apelidos,
indicando autor(es), ano, título do artigo, título da revista completa (en
cursiva ou subliñado), volume e páxinas do mesmo. Por exemplo:
Búa J. (2001): "Proba de avaliación inicial en 1º de E.S.O. no I.E.S. de
Meaño", Gamma, nº 1, 2001.
No caso de libros indicarase o autor(es), ano, título completo (en cursiva
ou subliñado), editorial e lugar de edición. Por exemplo:
Laborde, J. M., Bellemain, F.: Cabri Geometry II. Texas Instruments, Dallas
(1998)
No caso de artigos que se atopan nunha obra colectiva indicarase o autor(es),
ano, título do artigo (entre aspas), título do libro (en cursiva), editorial e
lugar de edición. Por exemplo:
NISS, Mogen (1983), ‘Considerations and experiences concerning integrated
courses in mathematics and other subjects’, en M. Zweng et al. (eds.):
Proceedings of the 4th ICME (Birkhäuser, Boston: Boston)
Dentro do texto, as referencias á bibliografía indicaranse co apelido do
autor e o ano entre paréntese. Por exemplo: ... supón un gran avance
(Valcarce, 2001).
Se o autor aparece explicitamente no texto, só se poñerá entre parénteses o ano. Por exemplo: ... segundo Flavio Piñeiro (2001).
Posteriormente, notificaráselles ós interesados a aceptación ou non do
artigo, así como -en caso afirmativo- a posible data da súa publicación. Nese
momento, os autores comprometeranse a retirar o artigo doutras publicacións ás
que tamén o remitiran. Non se manterá correspondencia sobre as causas da non
aceptación dun artigo.