AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| VII OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA PARA 2º DA ESO |
![]() |
Organizan: |
![]() |
|
Fotos da Fase Final e Gañadores Fase de zona Finalistas Mapa para chegar a Oleiros Programa da final Permiso Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da Resolución de Problemas e do traballo en equipo, convócase a VII OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA PARA O ALUMNADO QUE CURSA O 2º ANO DO 1º CICLO DA ESO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA organizada por AGAPEMA e ENCIGA coa colaboración directa dos CEFORES. A Olimpiada e a Formación do Profesorado BASES1. PARTICIPANTESPoden participar todos os estudiantes dos centros educativos de Galicia matriculados en 2º da ESO no curso escolar 2004/05.A efectos territoriais distínguense sete zonas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.Nesta súa 7ª edición, a Olimpíada Matemática Galega 2º de ESO está dirixida a todo o alumnado do 2º curso da ESO dos centros públicos e privados de Galicia. Cada Centro pode presentar á Fase de Zona dous participantes por cada unha das súas unidades (grupos-clase) de 2º da ESO. Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 4 de marzo, a súa inscrición na páxina web das sociedades convocantes (www.agapema.com ou www.enciga.org) ou enviando por correo postal a ficha de inscrición-centro que se xunta a calquera dos seguintes enderezos, indicando número de grupos- clase de 2º de ESO que van participar e o profesorado responsable da participación a:
A comunicación cos participantes realizaráse, salvo que se indique o contrario na inscrición, a través do correo electrónico. Para calquera comunicación ca organización utilizar o correo electrónico olimpiada2eso@edu.xunta.es 2. COMITÉ COORDINADOR O Comité Coordinador da VII Olimpiada está constituído por membros de AGAPEMA e ENCIGA. En cada zona constituirase un Comité encargado de orientar a Fase de Centro e organizar a Fase de Zona. O Comité Coordinador organizará a Fase Final Galega.
3. FASES DA OLIMPÍADA 3.1. Fase de Centro Esta fase ten lugar en cada Centro que debe poñer en marcha, entre o seu alumnado, todo o proceso de adestramento na Resolución de Problemas tanto a nivel individual como colectivo e, ó remate do mesmo, envíar á Fase de Zona, como máximo, dous alumnos/as por cada grupo de 2 º de ESO. Co obxectivo de facilitar o traballo do profesorado participante, a organización creará e actualizará periódicamente unha páxina web con problemas e coas súas solucións. Poderá accederse ós mesmos desde as páxinas das sociedades convocantes (www.agapema.com e www.enciga.org). O profesorado inscrito recibirá unha contrasinal para acceder ás solucións destes problemas. Máis información, na páxina da Olimpiada. 3.2. Fase de Zonaa. Nesta fase cada Centro participará no lugar que designe a organización en función do número de participantes, procurando que os desprazamentos sexan o máis reducidos posible. b. Terá lugar o venres, día 29 de abril, ás 10:00 h en tódalas sedes. O lugar comunicaráselles oportunamente ós centros participantes. c. Antes do 2 de abril de 2005, cada centro comunicará os nomes dos participantes cubrindo a ficha que figurará na páxina web da Olimpiada ou remitindo por correo postal a ficha que se xunta a calquera dos enderezos sinalados. d. A proba consistirá na resolución individual de CINCO problemas, os mesmos en tódalas zonas. Na valoración dos problemas primará o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc, por enriba da mera solución. e. Os participantes aportarán o material que consideren necesario na resolución das probas (bolis, calculadora, regras, ...), xa que só se lles facilitará papel DIN-A4. f. Os gastos de desprazamento correrán a cargo dos participantes. 3.3. Fase Final GalegaO obxectivo desta xornada é ter un día de convivencia e realizar as probas individuais xunto con actividades de carácter máis lúdico. A esta fase final acudirán 40 participantes seleccionados na Fase de Zona, correspondéndolle a cada unha un número de prazas proporcional ó número de participantes presentados na Fase anterior. a. Esta Fase terá lugar o día 13 de maio no Concello de Oleiros (A Coruña), segundo o horario que se xunta. b. A organización desta fase corre a cargo de AGAPEMA e ENCIGA, coa colaboración da Consellería de Educación e O. U. da Xunta de Galicia a través dos CEFORES e do Concello de Oleiros (A Coruña). c. O Xurado da Fase Final encargarase da valoración das probas e designará os gañadores. O seu fallo é inapelable. d. A corrección das probas realizarase asegurando tanto o anonimato de cada participante como o do centro de procedencia. Non se facerá pública, en ningún caso, a puntuación obtida por cada participante. e. Os gastos de desprazamento para participar na Fase Final Galega correrán a cargo dos participantes. f. Entregarase un diploma acreditativo a tódolos participantes da Fase de Zona e da Fase Final Galega. Os tres participantes individuais con maior destreza na resolución de problemas teñen a opción de participar na final da XV OLIMPÍADA MATEMÁTICA NACIONAL que terá lugar en Madrid na 2ª quincena do mes de xuño. Á devandita final os participantes irán acompañados por unha persoa da organización. g. Os gastos de desprazamento e estancia na Fase Nacional dos alumnos e alumnas da nosa Comunidade que resulten seleccionados correrán a cargo da organización.
4. Participación do profesorado.Ademáis de presentando alumnos e alumnas as diferentes fases, os profesores/as poderán participar enviando problemas orixinais para ser incluidos na páxina web á dirección de correo olimpiada2eso@edu.xunta.es.Entre todos os participantes sortearase un importante agasallo e, ademáis, premiarase o problema máis interesante.5.Interpretación.A interpretación das presentes bases correspóndelle ó Comité Coordinador. Para máis información: http://www.agapema.com e http://www.enciga.org A Coruña, novembro de 2004 Polo Comité Coordinador:
|
Programas das Fases: Descarga de Documentos en Word: Olimpiadas Anteriores: Problemas: Problemas: Problemas:
Links: Outros Problemas
Colaboran Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
Concello de Oleiros
|
|||||
|
Programa de actividades da Fase de Zona Terá lugar na localidade que se sinale en cada zona o día 29 de abril de 2005, ás 10:00 h. |
||
|
|
10:00 |
Recepción dos participantes: benvida e información do desenvolvemento das probas e da sesión en xeral. |
|
|
10:30 |
Comezo das probas para o alumnado |
|
|
12:30 |
Remate das probas |
|
|
13:00 |
Despedida |
|
O día 6 de maio darase a coñecer a relación de alumnos seleccionados en cada zona para acudir á Fase Final Galega o día 13 de maio en Oleiros (A Coruña). |
||
Programa de actividades da Fase Final GalegaCelebrarase en Oleiros (A Coruña) o 13 de maio co seguinte programa |
||
|
|
10:30 |
Recepción dos participantes: benvida e información. |
|
|
11:00 |
Proba individual: explicación e realización da proba. |
|
|
13:00 |
Recepción oficial |
|
|
14:00 |
Xantar |
|
|
16:00 |
Actividades por equipos |
|
|
18:00 |
Acto de clausura: información dos resultados e asistentes á Fase Nacional |
A OLIMPÍADA DÍA A DÍA |
|||
|
DATA |
HORA |
TAREFA |
OBSERVACIÓNS |
|
4 marzo |
|
Fin prazo inscrición Centros |
Número de clases de 2º de ESO que participan e profesorado responsable |
|
2 abril |
|
Fin prazo inscrición de alumnos |
Ficha cos datos dos alumnos participantes |
|
2 abril |
|
Remate da Fase de Centro: 2 alumnos/as por grupo de 2º |
Comunicar nomes asistentes Fase Zona |
|
29 abril |
10:30 |
Probas Fase de Zona |
Utensilios alumnos |
|
6 maio |
|
Cada Comité de Zona envía participantes Fase Final |
|
|
6 maio |
|
Publícase a relación de finalistas |
|
|
13 maio |
10:30 |
Fase Final Galega en Oleiros |
Utensilios alumnos |
|
xuño |
|
Fase Nacional |
Un acompañante da Organización |
|
Por correo electrónico |
||
|
Por correo postal a |
VII Olimpiada Matemática 2º ESO AGAPEMA. Apartado nº 4188. 15080-A Coruña |
VII Olimpiada Matemática 2º ESO ENCIGA. Apartado nº 103. Santiago |
|
Páxina web |
||