CONSIGNAS DE SUPERVISIÓN DA SESIÓN DO RALLYE

Antes da proba

-Presentarse na sala prevista e verificar que o material autorizado está presente nas mesas.

Comezo da proba.

-En presencia do profesor/a vixiante, o Director/a, ou o seu representante, imprimirá os exercicios, usando a clave recibida por correo electrónico..

-Lembraráselle ós alumnos as consignas destinados a eles.

-Anotarase no taboleiro as horas exactas de principio e fin da proba.

-Distribuiránse os exercicios e depositarase nunha mesa a resposta.

No curso da proba

-Non se responderá a ningunha pregunta referente ós exercicios.

-Farase asina-la lista de alumnos pedindo un carné a cada alumno.

- o Director/a (ou o seu representante) poderá entrar na sala unha vez comezada a proba.

-Unha saída excepcional deberá ser acompañada.

-No caso de incidente ou indisciplina farase chamar ó Director/a, notificaráselle o feito, pero non se parará a proba antes da hora prevista.

-Previr ós alumnos da fin próxima da proba (un cuarto de hora antes do remate da mesma).

Pechar en sobre lacrado a proba dos alumnos. Asinalo sobre na solapa por parte do profesor ou profesora vixiante. Pechar as solapas con celo diante do profesor ou profesora vixiante

Enviar o sobre da proba e a acta (na que debe constar a hora de comezo e de remate da proba) a

RALLYE MATEMÁTICO 2010

AGAPEMA

García Abad 3-1ºB

27004 Lugo

Preguntas máis frecuentes

1.- Cando se fai referencia ao material autorizado, que se inclúe exactamente? Todo o material escrito está permitido? Supoñemos que o que non é válido é o uso de ordenadores e calculadoras gráficas, pero non sabemos se  hai algo máis que non se poda empregar.

1.- Poden usarse libros e apuntes. Teléfonos, non, de ningunha maneira. Ordenadores, tampouco, en xeral, a conexión co exterior está prohibida. Os alumnos deben resolver os problemas eles sós.
2.-Os exercicios, a acta, o sobre... envíanse a cada centro ou ten que levalos o profesor que vixía? A clave quen a recibe?, cada profesor, o director do centro...? e cando?, por que aquí non chegou nada.

2-Os exercicios, e o sobre están en cada centro. O profe pode levalo exame en zip e despois aplicarlle o password as 4 menos cuarto para imprimilo, tamén (mirando o seu correo ou o do centro, pois se enviará como é natural, un cuarto de hora antes da proba). O sobre o pecha cada Director do centro diante do profesor vixiante. O sobre debe ser do centro onde están os alumnos. O envía o director do centro. Debe pechar en sobre lacrado a proba dos alumnos. Asinalo sobre na solapa por parte do profesor ou profesora vixiante. E pechar as solapas con celo diante do profesor ou profesora vixiante.