AGAPEMA

 Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática

Proba do Rally 2000

1.As cercas de Lucky Luke 

Lucky Luke colocou 8 cabalos en cada unha das nove cercas. De seguida, os cabalos, paseando libremente, cambian dunha cerca a outra.

En certo momento a cerca nº 2 está baleira, a nº 3 contiña 11 cabalos e había o mesmo número de cabalos en cada liña horizontal, en cada liña vertical e en cada diagonal.

Nese momento, ¿cantos cabalos había en cada unha das outras cercas?


2-As vosas tesoiras.

Nun concurso de alta costura galega propúxose o proba seguinte: "Transformar con catro cortes rectilíneos unha bufanda de longo 5a e ancho a, sen dobrala, nunha panoleta cadrada de igual superficie, xustapoñendo os anacos".
O gran costureiro Afonsus Dominicus foi o único que logrou realiza-la proba gracias, segundo el, aos seus coñecementos esotéricos e do Teorema de Pitágoras.

Rectángulo de lados a e 5a


3-Unha boa apreciación.

Dous números son tales que:

-Se se agregan un cuarto do primeiro á metade do segundo o resultado é un cuarto de dezasete.

-Se se subtrae do segundo a súa metade dá a unidade.

-Estes dous números dan unha coñecida abreviatura escolar cando se identifican números con letras do xeito 1,2,3,4.... con A,B,C,D...¿Cal é a citada abreviatura?.


4- Aproveitémo-la baixa.

En Francia o imposto TVA sobre o imposto dos traballos a domicilio realizados por un artesán pasou en 1999 de 20,6% a 5,5 %.

Despois deste cambio, ¿cal é a porcentaxe de diminución do importe total da factura dun artesán (incluíndo tódolos impostos)?.


5-Unha pirámide que ten sabor.

Un anaco de chocolate ten a forma dunha pirámide de vértice S e de altura [SH]. Quérese cortalo cun plano paralelo á base, en dúas partes de igual peso. Chamemos A ó punto de intersección do plano de corte e a recta ŠH. Supóñase que SH=10 cm.

Calcular SA 


6.- ¿Unha mosca drogada?

Un ciclista parte de Toulouse cara a Burdeos a unha velocidade constante de 30 km/h. Simultaneamente un motociclista parte de Burdeos cara a Toulouse a unha velocidade constante de 50 km/h. Ao mesmo tempo que o ciclista, unha mosca parte de Toulouse a unha velocidade constante de 60 km/h. Cando ela atopa ó motociclista, dá media volta ata que atopa ao ciclista, entón de novo dá media volta ata que atopa ao motociclista, e así sucesivamente ata o encontro do ciclista e do motociclista. Polas rutas tomadas, a distancia entre Burdeos e Toulouse é de 240 km.

¿Cantos quilómetros percorreu a mosca?



7- O milésimo.

A escritura do número 10002000 /2000 contén un gran número de cifras.

¿Cal é este número?.



8- O Túnel.

Cávase un túnel rectilíneo entre París e Niza. Sendo a Terra esférica, este túnel afóndase no chan unha cantidade máxima na metade do camiño entre París e Niza.

Sabendo que a distancia a voo de paxaro (pola superficie) entre París e Niza é de 720 km, que o radio terrestre é de 6400 km. ¿A que profundidade baixo o chan se atopa o túnel no seu punto medio?.



Especial cuarto da ESO.

9. Graos, minutos e segundos.

En 24 horas ¿cantas veces as dúas agullas do reloxo forman un ángulo de 60 graos?

10-A sorpresa do xefe.

Para acompañar o seu menú especial, o chef André compuxo un prato de legumes recheas. Nun pratiño de 10 centímetros de diámetro, el dispuxo dous tomates, dous anacos de calabacín, todas estas legumes recheas.

Supóñase que esta situación pode ser representada pola figura do lado na que os círculos interiores teñen o mesmo radio 2 a 2.

¿Cal é o diámetro T dun tomate e o diámetro C dun calabacín?



Especial terceiro de ESO

9-. O rolo extremo de "Fotogramas".

O papel destinado á impresión da revista "Fotogramas" está enrolado arredor dun eixe cilíndrico de diámetro 20 cm. Obtense entón un cilindro de 2 m. de diámetro.

Sabendo que o espesor do papel é de 0,1 mm. ¿Cal é a lonxitude do papel enrolado?.

10-Miñas xoias.

Un xoieiro posuía doce bolas de ouro macizo, de diámetros respectivos iguais a 1,2,3, ... 11 e 12 mm. Legounas ás súas dúas fillas de tal modo que cada unha recibiu exactamente o mesmo peso de ouro. ¿Como se fixo o reparto?.

 

 

volver - correo