AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| Rallye Matemático sen Fronteiras |

Rallye Matemático sen Fronteiras 2001
Folla de inscricion - Inscritos no Rallye 2001
Quen vixía a quen - Solucións ós problemas
Resultados - Entrega de premios

¡¡ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!
Os organizadores do
RALLYE MATEMÁTICO "SEN FRONTEIRAS" de GALICIA puxémonos de novo en
contacto co I.R.E.M.( Instituto de
Investigación para la Enseñanza das Matemáticas) da Universidade Paul
Sabatier de TOULOUSE . Estas institucións acordaron celebra-lo Rallye entre
centros de ensinanzas medias de Aquitaine, Midi-Pyrénées, Galicia, Cataluña,
Aragón, Andorra, Illa de La Reunión e Madagascar.
Segundo
as bases elaboradas poderán participar grupos-clase
completos ou como mínimo un 75% do grupo de
alumnos de 3º ou 4º de E.S.O. dos centros públicos de toda Galicia.
O Rallye Matemático consiste na celebración simultánea nos
paises sinalados dunha mesma proba: uns dez problemas orixinais, que deberán
resolver dunha forma conxunta todos os alumnos dunha mesma clase, nunca dun
xeito individual.
Os obxectivos que se tratan de
conseguir con este tipo de probas son:
Favorecer o traballo en equipo
Revalorizar as cualidades da imaxinación, dinamismo e creatividade
Facer vivir as matemáticas a traveso de situacións orixinais.
Premios
O grupo gañador terá un premio
dunha viaxe a TOULOUSE (Francia) para asistir a FESTA DAS CIENCIAS, que se
celebrará o 4 e 5 de Maio de 2001 doado pola CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E
ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.
Haberá outros premios para o segundo e terceiro grupos mellor clasificados e diploma para tódolos grupos participantes.
Data de Celebración
Proba
A proba consistirá en traballar colectivamente, exactamente en dúas horas , unha serie de problemas comúns ás clases de 3º e 4º da E.S.O. As respostas, estarán en folios distintos para cada pregunta .
Bases e inscrición
·
Poderán participar só clases enteiras ou ó 75% da clase como mínimo, nas
que entren tódolos alumnos/as de 3º
e 4º de E.S.O.
·
A inscrición deberá ser espontánea e corresponder á vontade da maioría
dos alumnos/as da clase.
·
A inscrición farase con consentimento do Director/a do Centro Educativo e por
iniciativa do Profesor/a de Matemáticas.
·
O boletín de inscrición
irá acompañado co ficheiro de alumnos/as da clase ca aprobación do Sr
Director.
·
O Centro que participe deberá aportar un profesor/a (que non ten por que ser
da disciplina de Matemáticas) por cada clase que inscriba, o cal comprometese
a vixia-lo desenvolvemento doutra clase noutro Centro próximo, o día
do Rallye (6 de Marzo de 16 a 18 h.).
·
A clase que non aporte ó profesor/a vixiante quedará fora da proba.
·
O grupo inscrito poderá utilizar calquer tipo de material escolar (libros,regras,
compás, calculadoras...), exceptuando as calculadoras programables, PC´s ou
similares.
·
Un profesor/a do equipo da organización non poderá inscribir ningunha das súas
clases.
·No caso de non poder facer a inscrición por
correo electrónico, enviádela por correo ordinario urxente ó seguinte enderezo:
RALLYE
MATEMÁTICO (AGAPEMA)
Apartado
1097
SANTIAGO de
COMPOSTELA
Cada profesor/a recibirá a confirmación da inscrición definitiva da súa
clase e os complementos de información indispensables para o bo
desenvolvemento da proba (consignas, lugar de supervisión e autorización de
ausencia correspondente, se cumprise)
No caso de non recibir esta información do 19- 23 de Febreiro, poñédevos
en contacto coa organización en: e-mail: juliotab@inicia.es
ou con Aurora Plata no teléfono 981885349 e Fax 981885020
Organiza:
AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática)
ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia)
Colabora
XUNTA DE GALICIA
Queremos agradecer a colaboración dos profesores, equipos directivos dos centros, e o interés dos grupos participantes e destacamos o bo nivel dos resultados obtidos na edición 2000.
Podes descargar esta información nun arquivo comprimido ou visitando a sección de documentos.
Para máis información pode visitarse:
Aula Cultura CAIXANOVA, Avda Pontevedra nº 9, Salón Nobre.
Hora: as 11 da mañá do xoves 19 de abril.