AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| Rallye Matemático sen Fronteiras |

Rallye Matemático sen Fronteiras 2002
Podes ver esta información conxuntamente coa folla de inscrición en formato word.
Programa do de 3 maio en Toulouse (en francés).
|
Corrixida a proba do Rallye resultou gañador:
|
|
1º-IES Os Rosais II de Vigo-4ºD |
|
2º IES Francisco Aguiar-4ºC |
|
3º IES Eusebio da Guarda-4ºB |
A entrega dos premios do X Rallye farase o día 22, luns, en Vigo, as 12 horas, no centro cultural de Caixanova, en Policarpo Sanz nº 13 (na sala de conferencias).
Os organizadores do RALLYE MATEMÁTICO
"SEN FRONTEIRAS" de GALICIA puxémonos de novo en contacto co
I.R.E.M.( Instituto de
Investigación para la Enseñanza das Matemáticas) da Universidade Paul
Sabatier de TOULOUSE. Estas institucións acordaron celebra-lo Rallye entre
centros de ensinanzas medias de Aquitaine, Midi-Pyrénées, Galicia, Cataluña,
Aragón, Andorra, Illa de La Reunión e Madagascar.
Segundo
as bases elaboradas poderán participar grupos-clase
completos ou como mínimo un 75% do grupo de
alumnos de 3º ou 4º de E.S.O. dos centros públicos de toda Galicia. A
organización poderá admitir excepcións a esta regra, no caso de estar
debidamente xustificada pola dirección do centro.
O Rallye Matemático consiste na celebración simultánea nos
países sinalados dunha mesma proba: uns dez problemas orixinais, que deberán
resolver dunha forma conxunta todos os alumnos dunha mesma clase, nunca dun
xeito individual.
Os obxectivos que se tratan de
conseguir con este tipo de probas son:
Favorecer o traballo en equipo
Revalorizar as cualidades da imaxinación, dinamismo e creatividade
Facer vivir as matemáticas a traveso de situacións orixinais.
O grupo gañador terá un
premio dunha viaxe a TOULOUSE (Francia) para asistir a FESTA DAS CIENCIAS, que
se celebrará o 3 de Maio de 2002 doado pola CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E
ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.
Haberá outros premios para o segundo e terceiro grupos mellor clasificados, doados por Caixanova, e diploma para tódolos grupos participantes.
Esta proba celebraráse o xoves
día 14 de Marzo do 2002 de 16 a 18 h.
A
proba consistirá en traballar colectivamente, exactamente en dúas horas ,
unha serie de problemas comúns ás clases de 3º e 4º da E.S.O.
As respostas, redactadas en galego, estarán en folios distintos para
cada pregunta .
·
Poderán participar só clases enteiras ou ó 75% da clase como mínimo, (coas
matizacións citadas anteriormente) nas que entren tódolos alumnos/as de
3º e 4º de E.S.O.
·
A inscrición deberá ser espontánea e corresponder á vontade da maioría
dos alumnos/as da clase.
·
A inscrición farase con consentimento do Director/a do Centro Educativo e por
iniciativa do Profesor/a de Matemáticas.
·
O boletín de inscrición irá acompañado co ficheiro de alumnos/as da clase
ca aprobación do Sr Director.
·
O Centro que participe deberá aportar un profesor/a (que non ten por que ser
da disciplina de Matemáticas) por cada clase que inscriba, o cal comprometese
a vixía-lo desenvolvemento doutra clase noutro Centro próximo, o día
do Rallye (6 de Marzo de 16 a 18 h.).
·
A clase que non aporte ó profesor/a vixiante quedará fora da proba.
·
O grupo inscrito poderá utilizar calquer tipo de material escolar (libros,regras,
compás,calculadoras...), exceptuando as calculadoras programables, PC´s ou
similares.
·
Un profesor/a do equipo da organización non poderá inscribir ningunha das súas
clases.
·
A inscrición xunto co ficheiro dos alumnos participantes deberase remitir ó
e-mail: admin@allegue.com
·No
caso de non poder facer a inscrición por correo electrónico, enviádela por
correo ordinario urxente ó seguinte enderezo:
RALLYE
MATEMÁTICO
Apartado
301
LUGO
·
É importante, para facilitar a comunicación cos profesores participantes,
que nos enviedes unha dirección electrónica (incluso particular) para poñernos
en contacto.
Cada profesor/a recibirá a confirmación da inscrición definitiva da
súa clase e os complementos de información indispensables para o bo
desenvolvemento da proba (consignas, lugar de supervisión e autorización de
ausencia correspondente, se cumprise)
No caso de non recibir esta información do 19- 23 de Febreiro, poñédevos
en contacto coa organización en: e-mail:
juliotab@edu.xunta.es ou con Aurora Plata no teléfono 981885349 e Fax
981885020 e-mail: aplata@edu.xunta.es
¡¡ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!
Organiza:
AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática)
ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia)
Colabora
XUNTA DE GALICIA
Queremos agradecer a colaboración dos profesores, equipos directivos dos centros, e o interés dos grupos participantes e destacamos o bo nivel dos resultados obtidos na edición 2001.
Para máis información pode visitarse:
Información completa sobre o Rallye 2001