AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| Rallye Matemático sen Fronteiras |
XI Rallye Matemático sen Fronteiras 2003
Podes ver esta información conxuntamente coa folla de inscrición en formato word.
Solución os problemas. Ejercicios y Soluciones
O día 23 de maio, na Fase Final de Toulouse (Francia), proclamáronse VICECAMPEÓNS INTERNACIONAIS DO RALLYE MATEMÁTICO 2003 o grupo 3ºB do IES de MONELOS. ¡As nosas máis emocionadas felicitacións!... para eles e para a súa profesora Alicia Pedreira Mengotti. 3 minutos ou un diccionario os separaron de levar o primeiro premio.
Gañadores:
Revisadas as probas, o comité organizador do XI Rallye
Matemático sen fronteiras, declara gañadores ós grupos
:
1º Premio- 3ºB do IES de Monelos (A Coruña).
2º-4ºC do IES Francisco Aguiar (Betanzos).
3º-4ºA do IES Martaguisela (O Barco de Valdeorras).
Queremos transmitir a nosa felicitación, tanto aos grupos gañadores,
como a tódolos 78 grupos polo alto nivel acadado na proba.
Os organizadores do RALLYE MATEMÁTICO
"SEN FRONTEIRAS" de GALICIA puxémonos de novo en contacto co
I.R.E.M.( Instituto de
Investigación para la Enseñanza das Matemáticas) da Universidade Paul
Sabatier de TOULOUSE. Estas institucións acordaron celebra-lo Rallye entre
centros de ensinanzas medias de Aquitaine, Midi-Pyrénées, Galicia, Cataluña,
Aragón, Andorra, Illa de La Reunión e Madagascar.
Segundo
as bases elaboradas poderán participar grupos-clase
completos ou como mínimo un 75% do grupo de
alumnos de 3º ou 4º de E.S.O. dos centros públicos de toda Galicia. A
organización poderá admitir excepcións a esta regra, no caso de estar
debidamente xustificada pola dirección do centro.
O Rallye Matemático consiste na celebración simultánea nos
países sinalados dunha mesma proba: uns dez problemas orixinais, que deberán
resolver dunha forma conxunta todos os alumnos dunha mesma clase, nunca dun
xeito individual.
Os obxectivos que se tratan de
conseguir con este tipo de probas son:
Favorecer o traballo en equipo
Revalorizar as cualidades da imaxinación, dinamismo e creatividade
Facer vivir as matemáticas a traveso de situacións orixinais.
O grupo gañador terá o premio dunha aportación de 2400 euros para unha viaxe a TOULOUSE (Francia) para asistir a FESTA DAS CIENCIAS, que se celebrará o 23 de Maio de 2003 doado pola CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.
O IREM de Toulouse, como en anos anteriores, subvencionará a estancia do
grupo gañador en Toulouse.
Haberá outros premios para o segundo e terceiro grupos mellor clasificados, (unhas camisetas e se está a mirar a posibilidade de conseguir máis premios) e diploma para tódolos grupos participantes.
Esta proba celebraráse o xoves
día 27 de Marzo do 2003 de 16 a 18 h.
A
proba consistirá en traballar colectivamente, exactamente en dúas horas,
unha serie de problemas comúns ás clases de 3º e 4º da E.S.O.
As respostas, redactadas en galego, estarán en folios distintos para
cada pregunta .
·
Poderán participar só clases enteiras ou ó 75% da clase como mínimo, (coas
matizacións citadas anteriormente) nas que entren tódolos alumnos/as de
3º e 4º de E.S.O.
·
A inscrición deberá ser espontánea e corresponder á vontade da maioría
dos alumnos/as da clase.
·
A inscrición farase con consentimento do Director/a do Centro Educativo e por
iniciativa do Profesor/a de Matemáticas.
·
O boletín de inscrición irá acompañado co ficheiro de alumnos/as da clase
ca aprobación do Sr Director.
·
O Centro que participe deberá aportar un profesor/a (que non ten por que ser
da disciplina de Matemáticas) por cada clase que inscriba, o cal comprometese
a vixía-lo desenvolvemento doutra clase noutro Centro próximo, o día
do Rallye (27 de Marzo de 16 a 18 h.).
·
A clase que non aporte ó profesor/a vixiante quedará fora da proba.
·
O grupo inscrito poderá utilizar calquer tipo de material escolar (libros,regras,
compás,calculadoras...), exceptuando as calculadoras programables, PC´s ou
similares.
·
Un profesor/a do equipo da organización non poderá inscribir ningunha das súas
clases.
·
A inscrición xunto co ficheiro dos alumnos participantes deberase remitir ó
e-mail: admin@allegue.com
·No
caso de non poder facer a inscrición por correo electrónico, enviádela por
correo ordinario urxente ó seguinte enderezo:
RALLYE
MATEMÁTICO
Apartado
301
LUGO
·
É importante, para facilitar a comunicación cos profesores participantes,
que nos enviedes unha dirección electrónica (incluso particular) para poñernos
en contacto.
Cada profesor/a recibirá a confirmación da inscrición definitiva da
súa clase e os complementos de información indispensables para o bo
desenvolvemento da proba (consignas, lugar de supervisión e autorización de
ausencia correspondente, se cumprise)
No caso de non recibir esta información antes do 1 de marzo, poñédevos
en contacto coa organización en: e-mail:
juliotab@edu.xunta.es ou con Aurora Plata no teléfono 981885349 e Fax
981885020 e-mail: aplata@edu.xunta.es
¡¡ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!
Organiza:
AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática)
Colabora
XUNTA DE GALICIA
Queremos agradecer a colaboración dos profesores, equipos directivos dos centros, e o interés dos grupos participantes e destacamos o bo nivel dos resultados obtidos na edición 2001 e 2002.
Para máis información pode visitarse: