AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| Rallye Matemático sen Fronteiras |
XII Rallye Matemático sen Fronteiras 2004
Podes ver esta información conxuntamente coa folla de inscrición en formato word.
Os organizadores do RALLYE MATEMÁTICO "SEN FRONTEIRAS" de GALICIA convocamos o XII Rallye Matemático.
Segundo as bases elaboradas poderán participar grupos-clase completos ou como mínimo un 75% do grupo de alumnos de 3º ou 4º de E.S.O. dos centros públicos de toda Galicia. A organización poderá admitir excepcións a esta regra, no caso de estar debidamente xustificada pola dirección do centro.
O Rallye Matemático consiste na celebración simultánea nos países sinalados dunha mesma proba: uns dez problemas orixinais, que deberán resolver dunha forma conxunta todos os alumnos dunha mesma clase, nunca dun xeito individual.
Os obxectivos que se tratan de conseguir con este tipo de probas son:
Favorecer o traballo en equipo
Revalorizar as cualidades da imaxinación, dinamismo e creatividade
Facer vivir as matemáticas a traveso de situacións orixinais.
O grupo gañador (ou grupos- estamos a considerar a posibilidade de que vaian no mesmo autobús un grupo de 3º e outro de 4º) terá o premio dunha aportación de 2400 euros para unha viaxe a TOULOUSE (Francia) para asistir a SUPERFINAL do Rallye, que se celebrará o 14 de Maio de 2004 doado pola CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.
O IREM de Toulouse é posible que subvencione o aloxamento nun albergue, como en anos anteriores, os días 13 e 14 de maio do/s grupo/s gañador/es en Toulouse.
Haberá outros premios para o segundo e terceiro grupos mellor clasificados, (unhas camisetas e se está a mirar a posibilidade de conseguir máis premios) e diploma para tódolos grupos participantes.
Esta proba celebraráse o martes, día 30 de Marzo do 2004, de 16 a 18 h.
A proba consistirá en traballar colectivamente, exactamente en dúas horas, unha serie de problemas comúns ás clases de 3º e 4º da E.S.O. As respostas, redactadas en galego, estarán en folios distintos para cada pregunta .
· Poderán participar só clases enteiras ou ó 75% da clase como mínimo, (coas matizacións citadas anteriormente) nas que entren tódolos alumnos/as de 3º e 4º de E.S.O.
· A inscrición deberá ser espontánea e corresponder á vontade da maioría dos alumnos/as da clase.
· A inscrición farase con consentimento do Director/a do Centro Educativo e por iniciativa do Profesor/a de Matemáticas.
· O boletín de inscrición irá acompañado co ficheiro de alumnos/as da clase ca aprobación do Sr Director.
· O Centro que participe deberá aportar un profesor/a (que non ten por que ser da disciplina de Matemáticas) por cada clase que inscriba, o cal comprometese a vixía-lo desenvolvemento doutra clase noutro Centro próximo, o día do Rallye (30 de Marzo de 16 a 18 h.).
· A clase que non aporte ó profesor/a vixiante quedará fora da proba.
· O grupo inscrito poderá utilizar calquer tipo de material escolar (libros,regras, compás,calculadoras...), exceptuando as calculadoras programables, PC´s ou similares.
· Un profesor/a do equipo da organización non poderá inscribir ningunha das súas clases.
· A inscrición xunto co ficheiro dos alumnos participantes deberase remitir ó e-mail: rallye@agapema.com
·No caso de non poder facer a inscrición por correo electrónico, enviádela por correo ordinario urxente ó seguinte enderezo:
RALLYE MATEMÁTICO
Apartado 301
LUGO
· É importante, para facilitar a comunicación cos profesores participantes, que nos enviedes unha dirección electrónica (incluso particular) para poñernos en contacto.
Cada profesor/a recibirá a confirmación da inscrición definitiva da súa clase e os complementos de información indispensables para o bo desenvolvemento da proba (consignas, lugar de supervisión e autorización de ausencia correspondente, se cumprise)
No caso de non recibir esta información antes do 10 de marzo, poñédevos en contacto coa organización en: email: juliotab@edu.xunta.es ou con Aurora Plata, email: aplata@edu.xunta.es
¡¡ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!
Organiza:
AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática)
Colabora
XUNTA DE GALICIA

Queremos agradecer a colaboración dos profesores, equipos directivos dos centros, e o interés dos grupos participantes e destacamos o bo nivel dos resultados obtidos na edición 2001, 2002 e 2003.
Para máis información pode visitarse:
Información completa sobre o Rallye 2001
Información completa sobre o Rallye 2002
Información completa sobre o Rallye 2003
Proba do V Rallye Proba do VI Rallye Participación no Rallye