AGAPEMA

 Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática

Rallye Matemático sen Fronteiras

 

XIII Rallye Matemático sen Fronteiras 2005 

 

Podes ver esta información conxuntamente coa folla de inscrición en formato word.

Folla de inscrición.

Inscritos no Rallye.

Quen vixía a quen.

Solución aos problemas.

Resultados   Fotos da entrega de premios

Os organizadores do RALLYE MATEMÁTICO "SEN FRONTEIRAS" de GALICIA convocamos o XIII Rallye Matemático.

Segundo as bases elaboradas poderán participar  grupos-clase completos ou como mínimo un 75%  do grupo  de alumnos de 3º ou 4º de E.S.O. dos centros públicos de toda Galicia. A organización poderá admitir excepcións a esta regra, no caso de estar debidamente xustificada pola dirección do centro.

             O Rallye Matemático consiste na celebración simultánea nos países sinalados dunha mesma proba: uns dez problemas orixinais, que deberán resolver dunha forma conxunta todos os alumnos dunha mesma clase, nunca dun xeito individual.

Os obxectivos que se tratan de conseguir con este tipo de probas son:

            Favorecer o traballo en equipo                        

            Revalorizar as cualidades da imaxinación, dinamismo e creatividade

            Facer vivir as matemáticas a través de situacións orixinais.

 
PREMIOS

            O grupo gañador (ou grupos- estamos a considerar a posibilidade de que vaian no mesmo autobús un grupo de 3º e outro de 4º) terá  o premio-exclusivamente e unicamente- dunha aportación de 3300 euros para unha viaxe a TOULOUSE (Francia) para asistir a SUPERFINAL do Rallye, que se celebrará o vernes, 20 de maio de 2005 en Toulouse  doado pola CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.

        Os gañadores poderán concretar co IREM de Toulouse a posibilidade que subvencione o aloxamento nun albergue, pero isto non forma parte do premio que é exclusivamente a doazón da Consellería antedita.

Haberá outros premios para o segundo e terceiro grupos mellor  clasificados, (unhas camisetas e se está a mirar a posibilidade de conseguir máis premios) e diploma para tódolos grupos participantes.

 

DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA

Esta proba  celebraráse o martes, día 15 de Marzo do 2005, de 16 a 18 h.

DATAS DE INSCRICIÓN

A data límite de inscrición é o luns 14 de febreiro de 2005

PROBA 

A proba consistirá en traballar colectivamente, exactamente en dúas horas, unha serie de problemas comúns ás clases de 3º e 4º da E.S.O.  As respostas, redactadas en galego, estarán en folios distintos para cada pregunta .

BASES E INSCRICIÓN

· Poderán participar só clases enteiras ou ó 75% da clase como mínimo, (coas matizacións citadas anteriormente) nas que entren tódolos alumnos/as de  3º e 4º de E.S.O. 

· A inscrición deberá ser espontánea e corresponder á vontade da maioría dos alumnos/as da clase. 

· A inscrición farase con consentimento do Director/a do Centro Educativo e por iniciativa do Profesor/a de Matemáticas.

· O boletín de inscrición irá acompañado co ficheiro de alumnos/as da clase ca aprobación do Sr Director.

· O Centro que participe deberá aportar un profesor/a (que non ten por que ser da disciplina de Matemáticas) por cada clase que inscriba, o cal comprometese  a vixía-lo desenvolvemento doutra clase noutro Centro próximo, o día do Rallye (15 de Marzo de 16 a 18 h.).

            · A clase que non aporte ó profesor/a vixiante quedará fora da proba.

· O grupo inscrito poderá utilizar calquer tipo de material escolar (libros, regras, compás, calculadoras...).

· Un profesor/a do equipo da organización non poderá inscribir ningunha das súas clases.

· A inscrición xunto co ficheiro dos alumnos participantes deberase remitir ó e-mail: rallye@agapema.com 

            ·No caso de non poder facer a inscrición por correo electrónico, enviádela por  correo ordinario urxente ó seguinte enderezo: 

RALLYE MATEMÁTICO 

Apartado 301

LUGO

· É importante, para facilitar a comunicación cos profesores participantes, que nos enviedes unha dirección electrónica (incluso particular) para poñernos en contacto.   

 
DESPOIS DA INSCRICIÓN

Cada profesor/a recibirá a confirmación da inscrición definitiva da súa clase e os complementos de información indispensables para o bo desenvolvemento da proba (consignas, lugar de supervisión e autorización de ausencia correspondente, se cumprise) 

No caso de non recibir esta información antes do 1 de marzo, poñédevos en contacto coa organización en: email: rallye@agapema.com

 

¡¡ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!

Organiza:

AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática)

Colabora 

XUNTA DE GALICIA

Queremos agradecer a colaboración dos profesores, equipos directivos dos centros, e o interés dos grupos participantes e destacamos o bo nivel dos resultados obtidos na edición 2001, 2002, 2003 e 2004.

Para máis información pode visitarse:

Proba do Rallye 2000

Información completa sobre o Rallye 2001

Información completa sobre o Rallye 2002

Información completa sobre o Rallye 2003

Información completa sobre o Rallye 2004

Proba do V Rallye   Proba do VI Rallye  Participación no Rallye

 

volver - correo