AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| Rallye Matemático sen Fronteiras |
XV Rallye Matemático sen Fronteiras 2007
Folla de inscrición web. Consignas da proba
Resultados Fotos da entrega de premios
Os organizadores do RALLYE MATEMÁTICO "SEN FRONTEIRAS" de GALICIA convocamos o XV Rallye Matemático.
O Rallye Matemático consiste na celebración simultánea nos países participantes dunha mesma proba: uns dez problemas orixinais, que deberán resolver dunha forma conxunta todos os alumnos dunha mesma clase, nunca dun xeito individual.
Os obxectivos que se tratan de conseguir con este tipo de probas son:
Favorecer o traballo en equipo
Revalorizar as cualidades da imaxinación, dinamismo e creatividade
Facer vivir as matemáticas a través de situacións orixinais.
-Grupos: poderán participar grupos-clase completos ou como mínimo un 75% do grupo (a organización poderá admitir excepcións a esta regra, no caso de estar debidamente xustificada pola dirección do centro. Poden non contabilizarse, a este efecto, os alumnos de agrupamento, pero si poden participar) .Para favorecer a organización este ano dous grupos de 10 ou menos alumnos poderán xuntarse para participar na proba como grupo único.
Cursos e centros: alumnos de 3º ou 4º de ESO dos centros de toda Galicia e o norte de Portugal .
Os grupos gañadores (xa que poden ir no mesmo autobús un grupo de 3º e outro de 4º) terá o premio-exclusivamente e unicamente- dunha aportación de 3600 euros para unha viaxe a TOULOUSE (Francia) para asistir a SUPERFINAL do Rallye, que se celebrará o vernes, 25 de maio de 2007 en Toulouse doado pola CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA (AGAPEMA ten que solicitalo a través dun concurso convocado no DOG. O pago desta cantidade está condicionada á resolución dese concurso polo que a cantidade farase efectiva aos centros gañadores só e cando a Consellería a conceda e a libre).
Os gañadores poderán concretar co IREM de Toulouse a posibilidade que subvencione o aloxamento nun albergue, pero isto non forma parte do premio que é exclusivamente a viaxe antedita.
Haberá outros premios para os catro primeiros grupos mellor clasificados, (unhas camisetas e libros doazón de Caixanova e calculadoras doadas por Casio) e diploma para tódolos grupos participantes.
A participación neste concurso supón a aceptación destas bases. A organización terá a facultade de interpretar as bases da convocatoria.
Esta proba celebraráse o luns, día 26 de Marzo do 2007, de 16 a 17:30 h.
A proba consistirá en traballar colectivamente, exactamente en hora e media, unha serie de problemas comúns ás clases de 3º e 4º da E.S.O. As respostas, redactadas en galego, estarán en folios distintos para cada pregunta .
· Poderán participar só clases enteiras ou ó 75% da clase como mínimo, (coas matizacións citadas anteriormente) nas que entren tódolos alumnos/as de 3º e 4º de E.S.O.
· A inscrición deberá ser espontánea e corresponder á vontade da maioría dos alumnos/as da clase.
· A inscrición farase con consentimento do Director/a do Centro Educativo e por iniciativa do Profesor/a de Matemáticas.
· O boletín de inscrición irá acompañado co ficheiro de alumnos/as da clase ca aprobación do Sr Director.
· O Centro que participe deberá aportar un profesor/a (que non ten por que ser da disciplina de Matemáticas) por cada clase que inscriba, o cal comprometese a vixía-lo desenvolvemento doutra clase noutro Centro próximo, o día do Rallye (26 de Marzo de 16 a 17:30 h.).
· A clase que non aporte ó profesor/a vixiante quedará fora da proba.
· O grupo inscrito poderá utilizar calquer tipo de material escolar (libros, regras, compás, calculadoras...).
· Un profesor/a do equipo da organización non poderá inscribir ningunha das súas clases.
· A inscrición xunto co ficheiro dos alumnos participantes deberase remitir ó e-mail: rallye@agapema.com
·No caso de non poder facer a inscrición por correo electrónico, enviádela por correo ordinario urxente ó seguinte enderezo:
RALLYE MATEMÁTICO
Apartado 301
LUGO
· É importante, para facilitar a comunicación cos profesores participantes, que nos enviedes unha dirección electrónica (incluso particular) para poñernos en contacto.
Cada profesor/a recibirá a confirmación da inscrición definitiva da súa clase e os complementos de información indispensables para o bo desenvolvemento da proba (consignas, lugar de supervisión e autorización de ausencia correspondente, se cumprise)
No caso de non recibir esta información antes do 1 de marzo, poñédevos en contacto coa organización en: email: rallye@agapema.com
¡¡ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!
Organiza:
AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática)
Colabora
XUNTA DE GALICIA

Queremos agradecer a colaboración dos profesores, equipos directivos dos centros, e o interés dos grupos participantes e destacamos o bo nivel dos resultados obtidos na edición 2001, 2002, 2003, 2004 , 2005 e 2006.
Para máis información pode visitarse:
Proba do Rallye 2000 No irem Solucións
Información completa sobre o Rallye 2001
Información completa sobre o Rallye 2002
Información completa sobre o Rallye 2003
Información completa sobre o Rallye 2004
Información completa sobre o Rallye 2005
Proba do II Rallye 1994 Proba do IV Rallye 1996
Proba do VII Rallye 1999 Outra versión Solucións