AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| Rallye Matemático sen Fronteiras |
XVIII Rallye Matemático sen Fronteiras 2010
Inscrición web. Quen vixía a quen . Consignas do rallye Acta
Resultados Fotos da entrega de premios prensa
Os organizadores do RALLYE MATEMÁTICO "SEN FRONTEIRAS" de GALICIA convocamos o XVIII Rallye Matemático.
O Rallye Matemático consiste na celebración simultánea nos países participantes dunha mesma proba: uns dez problemas orixinais, que deberán resolver dunha forma conxunta todos os alumnos dunha mesma clase, nunca dun xeito individual.
Os obxectivos que se tratan de conseguir con este tipo de probas son:
Favorecer o traballo en equipo
Revalorizar as cualidades da imaxinación, dinamismo e creatividade
Facer vivir as matemáticas a través de situacións orixinais.
-Grupos: poderán participar grupos-clase completos ou como mínimo un 50% do grupo (a organización poderá admitir excepcións a esta regra, no caso de estar debidamente xustificada pola dirección do centro. Poden non contabilizarse, a este efecto, os alumnos de agrupamento, pero si poden participar) .Para favorecer a organización este ano dous grupos de 10 ou menos alumnos poderán xuntarse para participar na proba como grupo único.
Cursos e centros: alumnos de 3º ou 4º de ESO dos centros de toda Galicia e o norte de Portugal .
Os grupos gañadores (xa que poden ir no mesmo autobús un grupo de 3º e outro de 4º) terán -exclusiva e unicamente- como premio a posibilidade de participar na final de Toulouse, que se celebrará o 7 de maio de 2010. De non aceptar o premio, esa posibilidade trasladarase aos seguintes clasificados. A viaxe á final de Tolouse, para os dous centros que acaden o primeiro premio, será voluntaria. Caso de aceptar, deberán estes asumir os gastos e a organización da viaxe. AGAPEMA aportará unha axuda que estará supeditada á subvención que se lle conceda para este fin. Para o 2010, se non hai convocatoria por parte da Consellería, excepcionalmente a asociación asegura que contribuirá coa contía de 3.000 €.
Poderá haber outros premios para o alumnado dos catro primeiros grupos mellor clasificados que realizara a proba, (dependendo da doazón de Caixanova-pendente de confirmar- e calculadoras doadas por Casio) e diploma para tódolos grupos participantes. Pero, en todo caso, que mellor premio que participar!!
A participación neste concurso supón a aceptación destas bases. A organización terá a facultade de interpretar as bases da convocatoria.
Esta proba celebrarase o luns, día 22 de Marzo do 2010, de 16 a 17:30 h.
A proba consistirá en traballar colectivamente, exactamente en hora e media, unha serie de problemas comúns ás clases de 3º e 4º da E.S.O. As respostas, redactadas en galego, estarán en folios distintos para cada pregunta .
· Poderán participar só clases enteiras ou o 50% da clase como mínimo, (coas matizacións citadas anteriormente) nas que entren tódolos alumnos/as de 3º e 4º de E.S.O.
· A inscrición deberá ser espontánea e corresponder á vontade da maioría dos alumnos/as da clase.
· A inscrición farase con consentimento do Director/a do Centro Educativo e por iniciativa do Profesor/a de Matemáticas.
· O boletín de inscrición irá acompañado co ficheiro de alumnos/as da clase ca aprobación do Sr Director.
· O Centro que participe deberá aportar un profesor/a (que non ten por que ser da disciplina de Matemáticas) por cada clase que inscriba, o cal comprometese a vixía-lo desenvolvemento doutra clase noutro Centro próximo, o día do Rallye (22 de Marzo de 16 a 17:30 h.).
· A clase que non aporte ó profesor/a vixiante quedará fora da proba.
· O grupo inscrito poderá utilizar calquer tipo de material escolar (libros, regras, compás, calculadoras...).
· Un profesor/a do equipo da organización non poderá inscribir ningunha das súas clases.
· A inscrición xunto co ficheiro dos alumnos participantes deberase remitir ó e-mail: rallye@agapema.com
·No caso de non poder facer a inscrición por correo electrónico, enviádela por correo ordinario urxente ó seguinte enderezo:
RALLYE MATEMÁTICO
Garcia Abad 3-1ºB
27004-LUGO
· É importante, para facilitar a comunicación cos profesores participantes, que nos enviedes unha dirección electrónica (incluso particular) para poñernos en contacto.
Cada profesor/a recibirá a confirmación da inscrición definitiva da súa clase e os complementos de información indispensables para o bo desenvolvemento da proba (consignas, lugar de supervisión e autorización de ausencia correspondente, se cumprise)
No caso de non recibir esta información antes do 1 de marzo, poñédevos en contacto coa organización en: email: rallye@agapema.com
¡¡ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!
Organiza:
AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática)
Colabora
XUNTA DE GALICIA

Queremos agradecer a colaboración dos profesores, equipos directivos dos centros, e o interés dos grupos participantes e destacamos o bo nivel dos resultados obtidos na edición 2001, 2002, 2003, 2004 , 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009.
Para máis información pode visitarse:
Proba do Rallye 2000 No irem Solucións
Información completa sobre o Rallye 2001
Información completa sobre o Rallye 2002
Información completa sobre o Rallye 2003
Información completa sobre o Rallye 2004
Información completa sobre o Rallye 2005
Información completa sobre o Rallye 2006
Información completa sobre o Rallye 2007
Información completa sobre o Rallye 2008
Proba do II Rallye 1994 Proba do IV Rallye 1996
Proba do VII Rallye 1999 Outra versión Solucións