AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| Rallye Matemático sen Fronteiras |
Rallye Matemático sen Fronteiras
Rallye 2008 (XVI Rallye Matemático sen fronteiras)
Rallye 2007 (XV Rallye Matemático sen fronteiras)
Rallye 2006 (XIV Rallye Matemático sen fronteiras)
Rallye 2005 (XIII Rallye Matemático sen fronteiras)
Rallye 2004 (XII Rallye Matemático sen fronteiras)
Rallye 2003 (XI Rallye Matemático sen fronteiras)
Os organizadores do RALLYE MATEMÁTICO
"SEN FRONTEIRAS" de GALICIA puxémonos de novo en contacto co
I.R.E.M.( Instituto de
Investigación para la Enseñanza das Matemáticas) da Universidade Paul
Sabatier de TOULOUSE. Estas institucións acordaron celebra-lo Rallye entre
centros de ensinanzas medias de Aquitaine, Midi-Pyrénées, Galicia, Cataluña,
Aragón, Andorra, Illa de La Reunión e Madagascar.
Segundo
as bases elaboradas poderán participar grupos-clase
completos ou como mínimo un 75% do grupo de
alumnos de 3º ou 4º de E.S.O. dos centros públicos de toda Galicia. A
organización poderá admitir excepcións a esta regra, no caso de estar
debidamente xustificada pola dirección do centro.
O Rallye Matemático consiste na celebración simultánea nos
países sinalados dunha mesma proba: uns dez problemas orixinais, que deberán
resolver dunha forma conxunta todos os alumnos dunha mesma clase, nunca dun
xeito individual.
Os obxectivos que se tratan de
conseguir con este tipo de probas son:
Favorecer o traballo en equipo
Revalorizar as cualidades da imaxinación, dinamismo e creatividade
Facer vivir as matemáticas a traveso de situacións orixinais.
Organiza:
AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática)
Colabora
XUNTA DE GALICIA