AGAPEMA

 Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática

III REBUMBIO MATEMÁTICO PARA E. PRIMARIA

Información. Bases. Programa de actividades e ficha de inscrición (en formato word)

Información sobre o I Rebumbio. Problemas propostos.

Información sobre o II Rebumbio. Problemas propostos

ACTA  DA REUNIÓN CORRECTORA DA PROBA FINAL

 

Reunidos no Fórum Metropolitano da Coruña o día 6 de xuño de 2003 os compoñentes da Comisión Correctora, pertencentes ó Comité Coordinador, do III REBUMBIO MATEMÁTICO para alumnos de 6º de Educación Primaria constituída por:

 

Dª. Marisol Pérez Blanco D. Alfonso Vázquez Parcero D. Antonio González Lamelas

D. Santiago López Arca Dª. Alicia Vázquez Veiga D. Jesús Carballo Felpete

 

Acordou por unanimidade declarar gañador deste III REBUMBIO MATEMÁTICO ó equipo chamado 

PARRUIZ , do CEP Seis do Nadal (Vigo),constituído polos seguintes alumnos:

 

- Rubén Martínez Covelo

- Pablo Rodríguez Lago

- Adán Puime López

 

Na cidade da Coruña a seis de xuño de dous mil tres.

Problemas da fase final

 

A Coruña, 9 de xuño de 2003

 

 

Estimado compañeiro:

Estimada compañeira:

 

 

Unha vez rematadas as fases do II Rebumbio Matemático agradecémosvos ós Centros educativos a vosa participación, a todos e a todas as que fixestes posible a súa celebración: profesorado e alumnado, sobre todo, aínda que en moitos casos tamén colaboraron os pais e nais dos alumnos. Felicidades para todos. E, por suposto, ós nenos  e nenas, tanto ós que tiveron algún premio como ós que non.

 

Pero, como todo é mellorable, gustaríanos en AGAPEMA mellorar cada unha das actividades que convocamos. No que atinxe ó Rebumbio a nosa intención é seguir convocándoo ó comezo do curso (con tódalas demais actividades) e sinalar as datas das fases en días lectivos. Deste xeito, pode figurar no Plan de cada centro coa vantaxe que iso supón.

 

En canto ás probas, habería que potenciar a fase de Centro, con participación da maioría do alumnado, de todo o alumnado a ser posible, e facer dous tipos de proba: unha por equipos de tres alumnos, como se fixo este ano, e outra individual. Do resultado e do proceso seguido en cada unha delas sairía a selección para a fase seguinte.

 

En calquera caso queda, este Comité Coordinador, á escoita de tódalas suxestións que permitan mellorar a última edición e que podedes dirixir á dirección de AGAPEMA na Coruña (Apartado 4188 ,, 15080-A Coruña) ou por correo electrónico a calquera dos membros do Comité (Aparecen na web http:// www.agapema.com ). Na páxina web aparecen as probas das tres edicións celebradas (Fases de Zona e Finais).

 

Agradécemosvos a vosa participación e contamos con vós para o próximo curso.

O Comité Cordinador,

 

 

 

 

 

Marisol Pérez Blanco/ Jesús Carballo Felpete/ Manuel Pazos Crespo

 

RELACIÓN DE EQUIPOS QUE PASARON Á FASE FINAL DO III REBUMBIO

 

 

 

nº+Eq

APELIDOS

NOME

CONCELLO

ZONA

CENTRO

EQUIPO

8B

Lemos Díaz

Paulo

Moaña

VI

CEIP A Guía

Os Multioperativos

8A

Paredes Boubeta

Cristóbal

Moaña

VI

CEIP A Guía

Os Multioperativos

8C

Ferreia Castiñeira

Rubén

Moaña

VI

CEIP A Guía

Os Multioperativos

10C

Liste Martínez

Patricia

Ordes

SA

CEIP ADR Castelao

Raíces

10B

Liste Villares

Andrea

Ordes

SA

CEIP ADR Castelao

Raíces

10A

López Gómez

Patricia

Ordes

SA

CEIP ADR Castelao

Raíces

16C

Fernández Caballero

Rosalía

Vigo

VI

CEIP Balaídos

The Numbers

16B

Durán Bello

Lorena

Vigo

VI

CEIP Balaídos

The Numbers

16A

Collazo Álvarez

Sara

Vigo

VI

CEIP Balaídos

The Numbers

72A

Alonso Lago

Jose Maria

Redondela

VI

CEIP Cedeira

Os Einsteins

72B

Regueira Arca

Nerea

Redondela

VI

CEIP Cedeira

Os Einsteins

72C

Hermida Gonzalez

David

Redondela

VI

CEIP Cedeira

Os Einsteins

24B

Rico Díaz

Adrián

Lugo

LU

CEIP das Mercedes

Os tres ó cubo

24A

Fernández Ferreiro

Juan

Lugo

LU

CEIP das Mercedes

Os tres ó cubo

24C

Zudaire

Martín Alejandro

Lugo

LU

CEIP das Mercedes

Os tres ó cubo

26B

Lourido Rodríguez

María

Ferrol

FE

CEIP de Ponzos

Las Potencias

26C

Díaz Fabuena

Hadrián

Ferrol

FE

CEIP de Ponzos

Las Potencias

26A

Jove Pérez

Esteban

Ferrol

FE

CEIP de Ponzos

Las Potencias

47C

Pazos Rego

Mª José

A Coruña

CO

CEIP Raquel Camacho

Potencia al cubo

47B

Rodrigo López

Sarai

A Coruña

CO

CEIP Raquel Camacho

Potencia al cubo

47A

Rodríguez Vázquez

Alejandro

A Coruña

CO

CEIP Raquel Camacho

Potencia al cubo

103A

Vázquez Otero

Martín

A Coruña

CO

CEIP Sal Lence

Rayo Sal Lence

103B

López Pedreira

Rubén

A Coruña

CO

CEIP Sal Lence

Rayo Sal Lence

103C

García López

Alejandro

A Coruña

CO

CEIP Sal Lence

Rayo Sal Lence

51A

López Castro

Noelia

Ferrol

FE

CEIP San Xoán de Filgueira

Diversión al cubo

51B

García Garrote

María

Ferrol

FE

CEIP San Xoán de Filgueira

Diversión al cubo

51C

García Aramburu

Laura

Ferrol

FE

CEIP San Xoán de Filgueira

Diversión al cubo

107C

Carballo Mojón

Emma

Ourense

OU

CEIP Vistahermosa

As potencias

107A

Iglesias Rodríguez

José Luis

Ourense

OU

CEIP Vistahermosa

As potencias

107B

García Rodríguez

Sandra

Ourense

OU

CEIP Vistahermosa

As potencias

62B

Cremades Buján

Manuel

Oleiros

CO

CEP Luis Seoane

Os Megamates

62A

Estévez Orth

Carina

Oleiros

CO

CEP Luis Seoane

Os Megamates

61C

Cobelo Pérez

Carlos

Oleiros

CO

CEP Luis Seoane

Os Megamatess

63C

Martínez Covelo

Rubén

Vigo

VI

CEP Seis do Nadal

Parruiz

63B

Rodríguez Lago

Pablo

Vigo

VI

CEP Seis do Nadal

Parruiz

63A

Puime López

Adán

Vigo

VI

CEP Seis do Nadal

Parruiz

70B

Fernández Barros

Alexánder

A Coruña

CO

CPR Fillas de Xesús

100% mates

70A

de la Iglesia Castro

Fernando

A Coruña

CO

CPR Fillas de Xesús

100% mates

70C

Rodríguez del Castillo

Laura

A Coruña

CO

CPR Fillas de Xesús

100% mates

87A

Rodriguez Fraile

Xabier

Lugo

LU

CPR PP. Franciscanos

El trío de la raíz cuadrada

87B

Vázquez Gómez

Ana

Lugo

LU

CPR PP. Franciscanos

El trío de la raíz cuadrada

87C

Veiga Lombardía

Manuel María

Lugo

LU

CPR PP. Franciscanos

El trío de la raíz cuadrada

77B

Piquenque Cancelas

Darío

Pontevedra

PO

CPR Sagrado Corazón

Alfa

77C

Abeledo Carrillo

David

Pontevedra

PO

CPR Sagrado Corazón

Alfa

77A

Gastañaduy Martín

Melisa

Pontevedra

PO

CPR Sagrado Corazón

Alfa

 

 Problemas da Fase de zona

A Coruña, 21 maio 2003

Estimados compañeiros e compañeiras:

 

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e o Comité Organizador do III Rebumbio queren agradecervos a vosa participación a todos os que fixestes e facedes posible a súa existencia. Este ano o número de participantes foi a máis. A ver se, malia ós defectos e erros que como aficionados cometemos, o próximo curso seguimos multiplicando por ...

 

Á fase final non poden pasar máis de 15 equipos e queremos felicitarvos a todos (nenos e nenas, mestras e mestres, nais e pais) porque ós comités de corrección de cada zona puxéstelles as cousas moi difíciles polo alto nivel dos participantes. Pero ... non poden pasar máis que 15 equipos, que son os que aparecen na relación que se xunta no arquivo. A eles, tamén, as nosas felicitacións que agardamos reiterar o día 6 de xuño personalmente. Vai tamén o programa dese día e o enderezo do Fórum.

 

            Tan pronto poidamos enviaremósvos ós centros os diplomas dos participantes na fase de zona. Para os que rematou a andaina neste III Rebumbio dámosvos as gracias pola vosa participación e pedímosvos disculpas polos erros que cometemos. En calquera caso agradecémosvos que nos comuniquedes todas aquelas cuestións que permitan mellorar calquera aspecto relacionado co Rebumbio: actividades, organización, etc.

 

            Xúntase un cadro coas actividades para o día 6 de xuño, venres, no Fórum Metropolitano da Coruña:

10:00 Recepción, entrega e explicación do programa xeral no Fórum Metropolitano
10:30 Información ós equipos do desenvolvemento das probas
10:45 Proba por equipos
12:15 Remate da proba
13:00 Circuíto lúdico polo centro da cidade
14:00 Xantar
16:00 Visita á Casa das Ciencias e sesión especial no Planetario
17:00 Percorrido matemático e actividades no Parque de Sta. Margarida
18:00 Entrega de recordos e despedida.

 

Lembrámosvos que á organización deste III Rebumbio resúltalle imposible facerse cargo dos gastos de desprazamento e dos derivados do mesmo. Só pode costear o xantar dos corenta e cinco participantes asi como dun representante por centro con alumnado nesta fase final.

 

O Fórum Metropolitano está situado no Parque Europa: r/ Rio Monelos, 1. Tfno:981.184293.

Para os que vides de fóra: está perto do Corte Inglés e de Catro Camiños, entre as rúas Avda. do Exército e General Sanjurjo.

Boa viaxe e ata o día 6.

Un saúdo,

 

 

Polo Comité Organizador,

Manuel Pazos Crespo/ Centro de Formación e Recursos,, r/ Pepín Rivero, s/n,, 2º andar, 15011-A Coruña. Tfno:981.274221

 

Bases do  III REBUMBIO MATEMÁTICO

1. LUGAR DE CELEBRACIÓN A Coruña

 2. PARTICIPANTES

 A efectos de distribución territorial sinálanse sete zonas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

 O III Rebumbio Matemático está dirixido a todo o alumnado de 6º nivel do 3º ciclo de Educación Primaria dos centros educativos de Galicia. Cada centro pode participar con un equipo de tres alumnos por grupo (clase) de 6º de E. Primaria.

 Os centros que desexen  participar formalizarán, antes do 1º de marzo, a súa inscrición comunicando só o número de grupos- clase de 6º de E. Primaria que van participar e o profesorado responsable da participación a:

AGAPEMA. Apartado nº 4188.              15080-A Coruña

CEFORE da Coruña (III Rebumbio Matemático)

R/ Pepín Rivero, s/n ,, 2º andar (Edificio UNED)

15011-A Coruña

Tfno: 981.274221,, Fax: 981.272388

 Ou por correo electrónico, mandando nun arquivo os datos a: mpazos@teleline.es

 3. FASES:

Fase de Centro: 

Ten lugar no propio Centro. Nesta fase deben participar todos os alumnos de 6º do Colexio e dela debe saír un equipo de tres por cada grupo clase para acudir á Fase de Zona.

Nesta primeira fase o Centro ten total autonomía para desenvolvela; debe estar rematada antes do 11 de abril e comunicados a AGAPEMA os datos dos integrantes do equipo seleccionado e mailos do Centro e profesor responsable, segundo a ficha de inscrición que se acompaña.

Fase de Zona:

Celébrarase no lugar que se designe en cada unha das zonas o 9 de maio, venres, ás 10:30 horas. Os datos dos integrantes dos 15 equipos seleccionados para ir á Fase Final así como os datos do Centro e os do profesor responsable de cada equipo deben estar en posesión de AGAPEMA antes do 23 de maio.

             Fase Final:

Celebrarase no Fórum Metropolitano da Coruña. Nela participarán 15 equipos proporcionalmente ós presentados en cada zona na 2ª fase. A non participación dalgunha zona implicará o correspondente aumento de equipos da zona da Coruña.

 4. DATA E HORARIO

A Fase Final terá lugar o día 6 de xuño, venres, do 2003, de 10:00 a 18:30 h.

 5. TRASLADOS

Os traslados desde o seu lugar de orixe ata o de celebración, tanto nas fases de zona como na fase final da Coruña, van por conta dos participantes.

 6. ACTIVIDADES A REALIZAR

Serán variadas que motiven ós participantes e alternándose as de tipo manipulativo coas de deducción e razonamento.

 7. LEMBRANZA

AGAPEMA expedirá a todos os alumnos das fases de Zona e Final un diploma acreditativo da súa participación no III Rebumbio Matemático.

Os tres grupos que demostren maiores destrezas e habilidades matemáticas, ademais do diploma acreditativo, recibirán de AGAPEMA un recordo do evento.

 8. ¿A ONDE HAI QUE DIRIXIRSE?

 Por correo postal a calquera destes dous enderezos:

AGAPEMA. Apartado nº 4188.              15080-A Coruña, ou ben:

Centro de Formación e Recursos da Coruña. r/ Pepín Rivero, s/n ,, 15011-A Coruña indicando no sobre III REBUMBIO MATEMÁTICO 2003

Por correo electrónico, mandando nun arquivo todos os datos a: mpazos@teleline.es

 

Programa de actividades do

III REBUMBIO MATEMÁTICO


A celebrar na Coruña o 6 de xuño co seguinte programa de actividades

6 de xuño 2003

 

 

10:00

  Recepción, entrega e explicación do programa xeral

 

10:30

Información ós equipos do desenvolvemento das probas

 

10:45

  Proba por equipos  

 

12:15

  Remate da proba  

 

13:00

  Recepción  oficial  

14:00

  Xantar  

16:00

  Visita á Casa das Ciencias e sesión especial no Planetario  

 

17:00

   Percorrido matemático e actividades no Parque de Sta. Margarida  

18:00

  Entrega de recordos e despedida no Salón de Actos da Casa das Ciencias  

 


FICHA DE INSCRICIÓN DE EQUIPOS NO

III REBUMBIO MATEMÁTICO

(Cada centro enviará a ficha de inscrición cos datos que se indican antes do 11 de abril de 2003)

Nome do Centro:

Enderezo:

  Tfno:                                       Fax:                             E-mail:

Mestre ou mestra de contacto:

Nome e apelidos:

  Tfno:                                                   E-mail:

Número de equipos de tres personas (un por grupo de 6º) que participan:

Nomes dos alumnos:

 

Equipo nº 1:

APELIDOS

NOME

1

 

 

2

 

 

3

 

 

Equipo nº 2:

APELIDOS

NOME

1

 

 

2

 

 

3

 

 

Equipo nº 3:

APELIDOS

NOME

1

 

 

2

 

 

3

 

 

Equipo nº 4:

APELIDOS

NOME

1

 

 

2

 

 

3

 

 

Equipo nº 5:

APELIDOS

NOME

1

 

 

2

 

 

3

 

 

 

CALENDARIO DO III REBUMBIO

 

O REBUMBIO DÍA A DÍA ...

 

 

DATA

HORA

TAREFA

OBSERVACIÓNS

1º marzo

 

Fin prazo comunicando participación, nº equipos e responsables

 

11 abril

 

Fin prazo inscrición equipos alumnos

Ficha con tódolos datos dos alumnos

11 abril

 

Remate da Fase Centro: 1 equipo x grupo clase á Fase de Zona

Comunicar equipo e nomes dos seus integrantes á F. Zona

9 maio

10:30

Probas Fase de Zona

Utensilios alumnos

23 maio

 

Cada Xurado de Zona envía participantes Fase Final

 

6 xuño

10:00

Fase Final

Utensilios alumnos

 Comunicacións:

 Por correo postal a:

AGAPEMA. Apartado nº 4188.              15080-A Coruña

Centro de Formación e Recursos da Coruña. r/ Pepín Rivero, s/n,, 15011-A Coruña indicando no sobre III REBUMBIO MATEMÁTICO 2003

Por correo electrónico, mandando nun arquivo tódolos datos a: mpazos@teleline.es

Organiza:

AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática)

Patrocina:

Servicio Municipal de Educación do Concello da Coruña

Colabora 

Centros de Formación e Recursos da Consellería de Educación

 

volver - correo