AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| I REBUMBIO MATEMÁTICO PARA E. PRIMARIA |
Problemas da Fase de zona celebrada o sábado 19 de maio de 2001 nas localidades de Lugo, Lalín, Ferrol, Vigo, Monforte, Santiago e A Coruña.
Relación de finalistas que participarán na fase final na Coruña o día 5 de xuño segundo o horario que se xunta. En formato word.
Clasificación final do I Rebumbio.
Trátase dunha actividade que tenta fuxir do traballo competitivo e individual fomentando pola contra o espíritu cooperativo e de traballo en grupo. Tentamos fuxir do que se podería considerar unha olimpíada e por iso a súa estructura e o seu desenvolvemento son tamén distintos. Agardamos que, se os resultados son favorables, nos sirva de base este Rebumbio para orientar a Olimpíada de 2º da ESO cara a un maior fomento do traballo cooperativo.
Imos, por primeira vez, a experimentar unha fórmula distinta das convencionais, pero para elo precisamos contar coa colaboración dos centros participantes e, especialmente, coa colaboración dos seus mestres e mestras. É por iso que, dado o seu carácter, este I Rebumbio se polarice na zona da Coruña e se convida á fase final a un só equipo das demais zonas.
Bases do I REBUMBIO MATEMÁTICO
1. LUGAR DE CELEBRACIÓN
Este primeiro ano e de maneira experimental celébrarase na Coruña.
2. PARTICIPANTES
A efectos de distribución territorial sinálanse sete zonas (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo) que se corresponden cos ámbitos dos Centros de Formación e Recursos.
Nesta súa 1ª edición experimental, o Rebumbio Matemático está dirixido a todo o alumnado de 6º curso do 3º ciclo de Educación Primaria dos centros públicos e privados de Galicia, dado que na presente convocatoria colaboraran no desenvolvemento do mesmo tódolos Centros de Formación e Recursos. Cada centro pode participar con un equipo de tres alumnos por grupo de 6º de E. Primaria.
3. FASES:
Fase de Centro:
Ten lugar no propio Centro. Nesta fase deben participar tódolos alumnos de 6º do Colexio e dela debe saír un equipo de tres por cada grupo clase para acudir á Fase de Zona.
Nesta primeira fase o Centro ten total autonomía para desenvolvela; debe estar rematada antes do 1º de maio e comunicado a AGAPEMA os datos dos integrantes do equipo seleccionado e mailos do Centro e profesor responsable do equipo.
Fase de Zona:
Celébrarase no lugar que se designe en cada unha das zonas o día 19 de maio ás 10:30 horas. Os datos dos integrantes dos 15 equipos seleccionados nesta fase para ir á Final así como os datos do Centro e os do profesor responsable de cada equipo deben estar en posesión de AGAPEMA antes do 30 de maio.
Fase Final:
Celebrarase no Fórum Metropolitano da Coruña. Nela participarán 15 equipos dos que nove serán da zona da Coruña e os outros seis son convidados, un de cada unha das restantes zonas (Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo). A non participación dalgunha zona implicará o correspondente aumento de equipos da zona da Coruña.
4. DATA E HORARIO
A Fase Final terá lugar o día 5 de xuño do 2001, de 10:00 a 19:00 h.
5. TRASLADOS
Os traslados desde o seu lugar de orixe ata o de celebración, na Coruña, van por conta dos participantes.
6. ACTIVIDADES A REALIZAR
Serán variadas que motiven ós participantes e alternándose as de tipo manipulativo coas de deducción e razonamento.
7. APOIO Ó PROFESORADO
Co fin de orientar ós mestres e mestras que vaian participar cos seus alumnos e alumnas, cada Comité de Zona de AGAPEMA estudiará a posibilidade de organizar unhas xornadas de 10 horas (con recoñecemento oficial) nas que se informaría sobre a actividade e sendo o seu núcleo a resolución de problemas.
8. LEMBRANZA
AGAPEMA expedirá a tódolos alumnos das fases de Zona e Final un diploma acreditativo da súa participación no I Rebumbio Matemático.
Os tres grupos que demostren maiores destrezas e habilidades matemáticas, ademais do diploma acreditativo, recibirán de AGAPEMA un recordo do evento.
10. ¿A ONDE HAI QUE DIRIXIRSE?
O profesorado dos equipos participantes enviará a inscrición correspondente antes do 31 de marzo por calquera dos seguintes conductos:
Por correo postal a:
AGAPEMA. Apartado nº 4188. 15080-A Coruña
AGAPEMA. Apartado 1097. Santiago
AGAPEMA. r/ García Abad, 3 - 1º B. 27004- Lugo
Centro de Formación e Recursos do ámbito no que está o Centro que se inscribe, indicando claramente no sobre REBUMBIO MATEMÁTICO 2001
A través da páxina web: http://www.agapema.com
Por correo electrónico: mandando nun arquivo tódolos datos a: mpazos@teleline.es
e/ ou : victorpollan@eresmas.com
Para ver o calendario de actividades do Rebumbio, folla de inscrición nas Xornadas de Resolución de Problemas e ficha de inscrición no I Rebumbio Matemático podes baixar toda a documentación ou consultala aquí en formato word ou pdf.
Organiza:
AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática)
Patrocina:
Servicio Municipal de Educación do Concello da Coruña
Colabora
Centros de Formación e Recursos da Consellería de Educación
