Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| BASES DO V REBUMBIO MATEMÁTICO PARA E. PRIMARIA |
1. LUGAR DE CELEBRACIÓN A Coruña 2. PARTICIPANTES A efectos de distribución territorial sinálanse sete zonas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, tendo en conta que se conta coa colaboración directa dos CEFORES de Galicia. O V Rebumbio Matemático está dirixido a todo o alumnado de 6º nivel de Educación Primaria dos centros educativos de Galicia. Cada centro pode participar con un equipo de tres alumnos por grupo (clase). Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 5 de marzo, a súa inscrición preferentemente na páxina web www.agapema.com ou enviando por correo postal a ficha de inscrición-centro que se xunta co número de grupos- clase de 6º de E. Primaria que van participar e o profesorado responsable da participación a: V REBUMBIO MATEMÁTICO 6º E. PRIMARIA
AGAPEMA.
Apartado nº 4188. A comunicación cos participantes realizaráse, salvo que se indique o contrario na inscrición, a través do correo electrónico. Para calquera comunicación ca organización utilizar o correo electrónico vrebumbio@agapema.com 3. FASES: Fase de Centro: Ten lugar no propio Centro. Nesta fase deben participar todos os alumnos de 6º do Colexio e dela debe saír un equipo de tres por cada grupo clase para acudir á Fase de Zona. Nesta primeira fase o Centro ten total autonomía para desenvolvela; debe estar rematada antes do 9 de abril e comunicados a AGAPEMA os datos dos integrantes do equipo seleccionado e mailos do Centro e profesor responsable, segundo a ficha de inscrición que se acompaña. Fase de Zona: Celébrarase no lugar que se designe en cada unha das zonas o 6 de maio, venres, ás 10:30 horas. Os datos dos integrantes dos 15 equipos seleccionados para ir á Fase Final así como os datos do Centro e os do profesor responsable de cada equipo deben estar en posesión de AGAPEMA antes do 21 de maio. Fase Final: Celebrarase no Fórum Metropolitano da Coruña. Nela participarán 15 equipos proporcionalmente ós presentados en cada zona na 2ª fase. A non participación dalgunha zona implicará o correspondente aumento de equipos da zona da Coruña. A decisión do Comité Coordinador encargado de valorar as probas é inapelable. 4. DATA E HORARIO A Fase Final terá lugar o día 3 de xuño, venres, do 2005, de 10:00 a 18:30 h. 5. TRASLADOS Os traslados desde o seu lugar de orixe ata o de celebración, tanto nas fases de zona como na fase final da Coruña, van por conta dos participantes. 6. ACTIVIDADES A REALIZAR Serán variadas que motiven ós participantes e alternándose as de tipo manipulativo coas de deducción e razonamento. 7. LEMBRANZA AGAPEMA expedirá a todos os alumnos das fases de Zona e Final un diploma acreditativo da súa participación no V Rebumbio Matemático. Os tres grupos que demostren maiores destrezas e habilidades matemáticas, ademais do diploma acreditativo, recibirán de AGAPEMA un recordo do evento.
8. ¿A ONDE HAI QUE DIRIXIRSE? Por correo electrónico, mandando nun arquivo todos os datos a: vrebumbio@agapema.com A través das páxinas web: http://www.agapema.com http://www.edu.aytolacoruna.es Por
correo postal a:
REBUMBIO MATEMÁTICO 6º E. PRIMARIA
AGAPEMA.
Apartado nº 4188.
|
Descarga de Documentos en Word:
Organiza Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
Patrocina Concello de A CORUÑA
Colabora Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O REBUMBIO DÍA A DÍA ... |
|||
|
DATA |
HORA |
TAREFA |
OBSERVACIÓNS |
|
5 marzo
|
|
Fin prazo comunicando participación, nº equipos e responsables |
|
|
9 abril |
|
Fin prazo inscrición equipos alumnos |
Ficha con tódolos datos dos alumnos |
|
9 abril |
|
Remate da Fase Centro: 1 equipo x grupo clase á Fase de Zona |
Comunicar equipo e nomes dos seus integrantes á F. Zona |
|
6 maio |
10:30 |
Probas Fase de Zona |
Utensilios alumnos |
|
21 maio |
|
Cada Xurado de Zona envía participantes Fase Final |
|
|
3 xuño |
10:00 |
Fase Final |
Utensilios alumnos |
|
|
Programa de actividades doV REBUMBIO MATEMÁTICO3 de xuño 2005 |
|
|
10:00 |
Recepción, entrega e explicación do programa xeral |
|
|
10:30 |
Información ós equipos do desenvolvemento das probas |
|
|
10:45 |
Proba por equipos |
|
|
12:30 |
Remate da proba |
|
|
13:00 |
Visita sorpresa a cargo de Luditarde |
|
|
14:00 |
Xantar alumnado, profesorado e organización |
|
|
15:45 |
Visita á Casa das Ciencias e sesión especial no Planetario |
|
|
16:45 |
Percorrido matemático e actividades no Parque de Sta. Margarida |
|
| 17:45 | Entrega de recordos e despedida no Salón de Actos da Casa das Ciencias | |
|
O Punto de Encontro (chegada e saída) será o Fórum Metropolitano. Os participantes realizarán os seus desprazamentos pola cidade desde Fórum no autobús da organización e, ó remate da entrega de recordos, volverá a deixalos outra vez no Fórum. Sobre as 17:30 h, procederase a realizar o acto final no Salón de Actos da Casa das Ciencias. |
||