AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| Fase de zona do Rebumbio 2005 |
“V Rebumbio Matemático Galego”.
2005
Fase de Zona |
O V Rebumbio Matemático está dirixido a todo o alumnado de 6º nivel de Educación Primaria dos centros educativos de Galicia. Cada centro pode participar con un equipo de tres alumnos por grupo (clase).
A FASE DE ZONA do V Rebumbio Matemático Galego terá lugar o venres 6 de maio de 2005.
A proba consistirá na resolución individual de 6 actividades. O alumnado disporá dun tempo máximo de dúas horas e poderá ir provisto de calculadora e material de debuxo (regra, ..). Na valoración das actividades primará o método empregado, a súa orixinalidade, etc.
Para a súa identificación por parte da organización, o alumnado deberá ir provisto do seu DNI e no seu defecto, do carné do seu Centro, do transporte escolar ou certificación con foto selado pola secretaría do centro.
A proba da fase de
zona desenvolverase segundo o seguinte PROGRAMA:
|
10:30 |
Recepción dos participantes: benvida e información do desenvolvemento das probas e da sesión, en xeral. |
|
11:00 |
Comezo das probas para o alumnado |
|
13:00 |
Remate das probas |
OS LUGARES DE
CELEBRACIÓN DA PROBA EN CADA ZONA son:
A efectos de distribución territorial sinálanse sete zonas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, tendo en conta a colaboración directa dos CEFORES de Galicia.
|
CORUÑA |
Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 15006 – A Coruña Tfno: 981 184293. Fax: 981 184295 |
|
FERROL |
CPE Colexio Luis Vives. Av. Ricardo Sánchez, 51. 15600-Pontedeume T: 981 430719 |
|
SANTIAGO |
Escola de Maxisterio. Av. Xoán XXIII. Santiago |
|
OURENSE |
CFR Ourense .r/ da Universidade, s/n. 32005- Ourense Tf: 988 241533 |
|
LUGO |
IES Nª Sª dos Ollos Grandes (Antiguo Femenino). Av Ramón Ferreiro, s/n. Lugo. Tf: 982 220698 |
|
VIGO |
CPR Rosalía de Castro. Estrada de Bembrive, 91. 36214 -Vigo T: 986 420433 |
|
PONTEVEDRA |
CFR de Pontevedra. R/ Celso Emilio Ferreiro, s/n. 36005-Pontevedra T: 986 872576 |
Cada centro ten que presentarse na zona onde se inscribiu.
SELECCIÓN PARALA FASE FINAL:
En cada zona seleccionaranse un número de equipos para a fase final proporcional o número de participantes nesa zona.
A lista dos 15 equipos
seleccionados para participar na fase final
será publicada na páxina web http://www.agapema.com
e comunicada só os centros con equipo seleccionado.
A fase final celebrarase ó venres 3 de xuño na Coruña, no Forum Metropolitano.
ORGANIZA: Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática e Concello de A Coruña (Servicio Municipal de Educación), coa colaboración da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.