AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| IV REBUMBIO
MATEMÁTICO
PARA 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA |
A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de Matemáticas, convoca por 4ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das Matemáticas en particular.
Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espíritu cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estructura e o seu desenvolvemento.
Seguimos a experimentar unha fórmula distinta das convencionais, pero para elo precisamos contar coa colaboración dos centros participantes e, especialmente, coa colaboración dos mestres e mestras.
Se queres saber un pouco máis do Rebumbio entra na web http://www.agapema.com Ficha de inscrición
Nela atoparás as probas das edicións anteriores. Tamén atoparás información en http://www.edu.aytolacoruna.es
Se tedes correo electrónico no Centro, fáinolo
chegar, a través de Rebumbio@agapema.com
porque nos facilitas a comunicación e resúltanos máis rápida
e económica. Moitas gracias
|
IV REBUMBIO MATEMÁTICO PARA E. PRIMARIA |
|
Organiza Asociación
Galega de Profesores de Educación Matemática
|
|
Patrocina CONCELLO
DE A CORUÑA
|
|
Colabora Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través
dos Centros de Formación e Recursos
|
Bases do IV REBUMBIO MATEMÁTICO
1. LUGAR DE CELEBRACIÓN A Coruña
2. PARTICIPANTES. A efectos de distribución territorial sinálanse sete zonas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.
O IV Rebumbio Matemático está dirixido a todo o alumnado de 6º nivel do 3º ciclo de Educación Primaria dos centros educativos de Galicia. Cada centro pode participar con un equipo de tres alumnos por grupo (clase) de 6º de E. Primaria.
Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1º de marzo, a súa inscrición na páxina web www.agapema.com ou enviando por correo postal a ficha de inscrición-centro que se xunta co número de grupos- clase de 6º de E. Primaria que van participar e o profesorado responsable da participación a:
IV REBUMBIO MATEMÁTICO 6º E. PRIMARIA
AGAPEMA.
Apartado nº 4188.
15080-A Coruña
A comunicación cos participantes realizaráse, salvo que se indique o contrario na inscrición, a través do correo electrónico. Para calquera comunicación ca organización utilizar o correo electrónico Rebumbio@agapema.com
3. FASES:
Fase de Centro:
Ten lugar no propio Centro. Nesta fase deben participar todos os alumnos de
6º do Colexio e dela debe saír un equipo de tres por cada grupo
clase para acudir á Fase de Zona.
Nesta primeira fase o Centro ten total autonomía para desenvolvela; debe
estar rematada antes do 16 de abril e comunicados a AGAPEMA os
datos dos integrantes do equipo seleccionado e mailos do Centro e profesor responsable,
segundo a ficha de inscrición que se acompaña.
Fase de Zona:
Celébrarase no lugar que se designe en cada unha das zonas o 7 de
maio, venres, ás 10:30 horas. Os datos dos integrantes dos 15 equipos
seleccionados para ir á Fase Final así como os datos do Centro
e os do profesor responsable de cada equipo deben estar en posesión de
AGAPEMA antes do 21 de maio.
Fase Final:
Celebrarase no Fórum Metropolitano da Coruña. Nela participarán
15 equipos proporcionalmente ós presentados en cada zona na 2ª fase.
A non participación dalgunha zona implicará o correspondente aumento
de equipos da zona da Coruña. A decisión do Comité Coordinador
encargado de valorar as probas é inapelable.
4. DATA E HORARIO
A Fase Final terá lugar o día 4 de xuño, venres, do
2004, de 10:00 a 18:30 h.
5. TRASLADOS
Os traslados desde o seu lugar de orixe ata o de celebración, tanto nas
fases de zona como na fase final da Coruña, van por conta dos participantes.
6. ACTIVIDADES A REALIZAR
Serán variadas que motiven ós participantes e alternándose
as de tipo manipulativo coas de deducción e razonamento.
7. LEMBRANZA
AGAPEMA expedirá a todos os alumnos das fases de Zona e Final
un diploma acreditativo da súa participación no IV Rebumbio
Matemático.
Os tres grupos que demostren maiores destrezas e habilidades matemáticas,
ademais do diploma acreditativo, recibirán de AGAPEMA un recordo do evento.
8. ¿A ONDE HAI QUE DIRIXIRSE?
Por correo postal a: IV REBUMBIO MATEMÁTICO 6º E. PRIMARIA AGAPEMA.Apartado
nº 4188. 15080-A Coruña
Por correo electrónico, mandando nun arquivo todos os datos a: rebumbio@agapema.com
A través das páxinas web:
http://www.agapema.com http://www.edu.aytolacoruna.es
Programa de actividades do
IV REBUMBIO MATEMÁTICO
4 de xuño 2004
|
|
10:00 |
Recepción, entrega e explicación do programa xeral |
|
|
10:30 |
Información ós equipos do desenvolvemento das probas |
|
|
10:45 |
Proba por equipos |
|
|
12:30 |
Remate da proba |
|
|
13:00 |
Visita lúdico cultural a unha zona da cidade |
|
|
14:00 |
Xantar (Restaurante La Casita no Parque Europa) |
|
|
15:45 |
Visita á Casa das Ciencias e sesión especial no Planetario |
|
|
16:45 |
Percorrido matemático e actividades no Parque de Sta. Margarida |
|
|
17:45 |
Entrega de recordos e despedida no Salón de Actos da Casa das Ciencias |
Os participantes realizarán os seus desprazamentos pola cidade desde Fórum no autobús da organización e, ó remate da entrega de recordos, volverá a deixalos outra vez no Fórum. Unha vez rematadas as actividades no Parque de Sta Margarida, sobre as 17:30 h, procederase a realizar o acto final co fin de que os equipos de máis lonxe dispoñan de máis tempo para voltar ás súas casas.
Se algún equipo pensa marchar directamente desde o Parque de Sta. Margarida que a persoa responsable o poña en coñecemento da Organización para evitar buscas infructuosas e sustos innecesarios.