AGAPEMA

 Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática

Asociarse á AGAPEMA

 

A cuota para o ano 2010 é de 46 euros (estudiantes 31 euros). Imprime, cubre o impreso (coa autorización bancaria firmada) e envíao á seguinte dirección: AGAPEMA, García Abad 3-1º B-Lugo - 27004. Para os centros : impreso (para os centros cuota FESPM=32 euros+25 AGAPEMA)

Asociándote a AGAPEMA recibirás:


-A revista GAMMA, a última o número 9
-O CDROM GAMMA DIXITAL
-3 revistas SUMA ao ano-xa que serás socio da FESPM-Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas.
-O dereito a participar gratuitamente en todos os cursos homologados pola Consellería de Educación que organiza AGAPEMA (Matemáticas e Internet, Derive, Cabri, Maquetación, Métodos Estatísticos, Access,.....) 
-Ou da FESPM, con cuota reducida, ver por exemplo 7º Seminario de Educación Matemática en Ponferrada,  XI JAEM en Canarias  XII JAEM XI Congreso Thales-A asistencia ao Congreso de AGAPEMA. (Os I Encontros de Educación Matemática, o I Congreso de AGAPEMA celebrouse en Santiago os días 20 e 21 de xuño de 2003). O ano 2004 fíxose conxuntamente coa FESPM e RSME, organizado pola Consellería de Educación. Poderás participar na Escola Matemática Miguel de Guzmán a prezo reducido... III Congreso en Santiago e o IV en Betanzos.
-Convenios de reciprocidade con outras asociacións: SGAPEIO, RSME, APM.... Por estes convenios sendo socio ou socia de AGAPEMA podes selo de SGAPEIO por 15 euros adicionais ó ano ou da Real Sociedade Matemática Española por 21 euros adicionais ó ano. Polo convenio coa APM portuguesa poderás asistir coa mesma consideración de socio da APM ás numerosas actividades de formación e encontros que  ten dita sociedade ou mercar libros da APM con prezo reducido de socio. 
-Ademais doutras publicacións esporádicas (os socios recibiron unha sobre "Las Matemáticas a través de sus Personajes", Andainas e Miradas por Ferrol) editamos anualmente: a Colección Lemniscata: o nº 1 Resolución de Problemas. O nº 2 "13 Matemáticos galegos" de Ricardo Moreno Castillo. O nº 3 "Matemáticas para disfrutar" e o número 7 Geometría dinámica
-Participación en grupos de traballo e xornadas de debate sobre temas profesionais.
-E os dereitos estatutarios por ser socio da asociación.
-Ademais, a mitade da cuota de AGAPEMA é xestionada desde cada zona, dando así participación directa aos socios e socias na xestión económica e das actividades das zonas. 

A cuota do 2010  (46 euros=25 AGAPEMA+21 FESPM (Revista Suma))

 

 

[formulario_word.htm]

 

 

 

correo