Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
Olimpíada Matemática Española
Os pasados días 5 e 6 de abril celebrouse en Logroño, La Rioja, a fase final
da XXXVIII Olimpiada Matemática Española, que Organiza a Real Sociedad Matemática
Española, e na que participaron un total de 112 alumnos de bacharelato
procedentes de toda España.
O equipo galego estaba integrado polos gañadores da Olimpíada Matemática
Galega 2002, celebrada en Santiago de Compostela no mes de xaneiro:
Pablo Bar Vázquez, Antonio Campos Domínguez, Eduardo Conde Pena, Miguel
Cortiñas Rivas, Susana Ladra González, Manuel López Jorge, Xian Otero
Camanho, Raúl Perdigones López e Nicolás Viaño Santasmarinas.
Tódolos seus membros estiveron a gran altura, e o equipo recibiu felicitacións
tanto pola súa actuación nas probas como polo seu comportamento fóra das
mesmas.
Conseguiron un total de 4 medallas: 1 de OURO, 1 de PRATA e 2 de BRONCE.
OURO:
Susana Ladra, de Santiago de Compostela
PRATA:
Antón Campos, da Coruña
BRONCE:
Edu Conde, de Pontedeume
Manu López, de Santiago de Compostela
A lista de correo non funciona por causas alleas a AGAPEMA. O Servidor que
proporcionaba o servicio xa non dispón da lista de correo.
volver - correo