AGAPEMA

Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática

Convocatorias

 

 

Asemblea ordinaria de AGAPEMA que terá lugar o sábado, quince de novembro de 2003, ás 10h 30m en primeira convocatoria, e ás 11h en segunda convocatoria, no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas de Santiago para tratar os asuntos previstos na orde do día.
Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
2. Memoria (véxase o número 3 de GAMMA) e aprobación, se procede, das actividades de AGAPEMA durante o pasado 2002-2003.
3. Balance económico do ano 2003. Aprobación, se procede, de contas.
4. Presuposto 2004.
5. Constitución da mesa de elección de Presidente, Vicepresidente, Secretario e Tesoureiro
6. Elección.
7. Planificación de actividades para o Curso Académico 2003-04.
8. Revista GAMMA.
9. Congreso de AGAPEMA.
10. Rogos e preguntas.

Nota: as candidaturas a cargos da asociación presentaranse na mesa do Salón de Graos entre as 10:30 e as 11 horas.

 

A ASAMBLEA XERAL DA IMU (UNION MATEMATICA INTERNACIONAL) CELEBRARASE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA EN AGOSTO DE 2006.

O Comite Español de IMU acordou propoñer que a Asamblea Xeral da IMU (Union Matematica Internacional) do ano 2006 se celebre en Santiago de Compostela.

As Asambleas Xerais da IMU celebranse en paralelo cos ICM (International Congress of Mathematicians), cada catro anos. Mentras que os ICM se organizan na capital do país, as Asambleas teñen lugar noutra cidade importante; por exemplo os últimos foron Berlin e Dresden (Alemania, 1998), e os próximos serán Beijing e Shangai (China, 2002).

A candidatura de Madrid e Santiago (España, Agosto 2006) foi presentada en Decembro, xunto coas de Italia e India, e o Comite Executivo de IMU acordou en Maio recomendar a candidatura española, recomendacion que sera refrendada formalmente pola Asamblea Xeral de IMU en Shangai, na que deberá estar presente un representante de Santiago.

A Asamblea Xeral de IMU, como a que se vai celebrar en Santiago de Compostela, reúne a máis de 250 delegados das sociedades matemáticas de 80 países, e nela decídese por exemplo o xurado das Medallas Fields (o chamado premio Nobel das Matemáticas), ou a categoría matemática de cada país, segundo unha clasificación de I a V (España está no grupo III e ten solicitado pasar ó grupo IV, visto o enorme crecemento nos últimos anos da investigación matemática española).

En canto ó Congreso ICM, que será en Madrid, celébrase dende 1897 cada catro anos, e nel concédense as Medallas Fields. Trátase sen dúbida do evento matemático máis importante en todo o mundo. Foi no ICM de 1900 en París onde D. Hilbert presentou a sua famosa lista de problemas. O número de asistentes ronda as 3.500 persoas, e simultáneamente organízanse da orde de 40 ou 50 Congresos satélite.

Os dous acontecementos (ICM en Madrid e Asamblea Xeral de IMU en Santiago) serán as actividades máis importantes relacionadas coas Matemáticas que se teñan celebrado nunca en España. Para Galicia trátase dunha noticia de importancia excepcional, que da proba da importancia da comunidade matemática galega.

Como xa se anunciara no mes de Xaneiro, a candidatura de Santiago foi iniciativa da Facultade de Matemáticas da USC, e o Rector da USC entrevistouse posterioremente con representantes da IMU para amosar o seu total apoio a este evento.


Como primeiro paso, o Comité español de IMU vaise reunir en Santiago o vindeiro mes de Decembro. Nel están presentes as sociedades matemáticas SCM (Societat Catalana de Matemáticas), SEIO (Sociedad Española de Estatística e Investigación de Operacións), SEMA (Sociedad española de Matemática Aplicada) e RSME (Real Sociedad Matemática Española).

Para mais informacion sobre IMU (Union Matemática Internacional) tedes a páxina web http://www.mat.ub.es/EMIS/mirror/IMU/

 

V Congreso Galego de Estatística e I.O.

Máis información en: 

http://www.udc.es/dep/mate/v-sgapeio.html

 

 

X JAEM

"X Jornadas de Aprendizaje y Enseñanza de las Matemáticas" - Zaragoza, 7 a 9 de setembro de 2001

 

 

SEGUNDO ANUNCIO  - IV CIBEM

IV CONGRESO IBEROAMERICANO DE EDUCACION MATEMÁTICA
Cochabamba Bolivia
2 al 6 Julio 2001

Máis información:

SOBOEDMA -Bolivia
Casilla 4234 Cochabamba Bolivia
Correo electrónico: bgrigori@supernet.com.bo
Telef: +591 – 4 - 24 1863 (preguntar por Begoña)
fax +591 – 4 – 25 5963

Os interesados en formar un grupo de viaxe para asistir o IV CIBEM poden poñerse en contacto con 
Mª Jesús Casado Barrio.

 

Conferencia Internacional de Estadística en Estudios Medioambientales (EMA)

Cádiz, 21, 22 e 23 de novembro de 2001

PRIMERA CIRCULAR

O Comité Organizador da Conferencia Internacional de Estatística en Estudios Medioambientais (EMA), organizada pola Universidade de Cádiz (España) e a Universidade Nacional da Plata (Arxentina), anuncia a celebración da segunda edición que terá lugar en Cádiz, durante os días 21, 22 e 23 de novembro do ano 2001. 


INFORMACIÓN ADICIONAL

A información actualizada da Conferencia Internacional aparecerá na páxina web da Conferencia:

http://www2.uca.es/grup-invest/teloydisren/ema2001

Dirección postal: Conferencia Internacional de Estatística en Estudios Medioambientais .

Departamento de Estatística e Investigación Operativa

CASEM Polígono Río San Pedro, s/n

11510 Puerto Real, Cádiz (España)

Teléfonos: (+34) 956016088 / (+34)
956016172 Fax: (+34) 956016050

Dirección de correo electrónico:
ema2001@uca.es

 

 

correo