|
VENRES
21 de Xaneiro no IES
Otero Pedrayo as 18:00 Papiroflexia e Matemáticas
O
pasado día 16 de decembro AGAPEMA, a Asociación Galega do
Profesorado de Educación Matemática, cumpríu 4 aniños (¡Calquera
diría que é tan noviña co robusta que está!). Na zona da Coruña
adoitamos celebrar, un pouco despois desa data (que non é boa polas
avaliacións, vacacións, etc), o cumpreanos da Asociación cun acto
matemático seguido duns pinchos.
En
ocasións anteriores contamos coa colaboración de Xosé Enrique Pujales
na Escola de Maxisterio; o curso pasado coa de Ricardo Cao
na Facultade de Informática. Pois ben, este ano ide reservando a
data do 21 de xaneiro (venres, que no santoral aparece como Sta.
Inés) porque terá lugar un taller sobre Matemáticas
e Papiroflexia
|