|
Matemáticas para disfrutar |
||||||||||||||
|
Datos sobre a estancia no Concello de Carballo do 14 ao 20 de Febreiro do 2005 |
||||||||||||||
|
Pode descargar un video sobre a Exposición de 4,6 Mb (Prema aquí) |
Matemáticas para disfrutar é unha exposición de material manipulativo con máis de 50 actividades distribuidas en distribuídas nunhas 10 mesas. Pretendemos conseguir que as personas que acudan a vela (nenos ou adultos) se acheguen ás matemáticas dunha forma lúdica e entretida. A todos os lugares nos que estivo exposta, acudíu unha boa cantidade de público, e o éxito da exposición Matemáticas para disfrutar foi rotundo. A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) elaborou un protocolo de aluguer da exposición e quere ofrecerlla, como diciamos, a todas as institucións galegas (concellos, diputacións, fundacións, etc) preferentemente galegas co fin de cumplir un dos fins da nosa Asociación: chegar as matemáticas á xente e contribuír á súa divulgación. Todos os interesados deberán facer a solicitude canto antes co fin de organizar itinerarios que optimicen a súa estancia nos distintos lugares co mínimo gasto de transporte. Na solicitude deberase especificar: Nome da Institución que solicita Matemáticas para disfrutar : Persona responsable: Enderezo postal, teléfono, fax e correo electrónico Cidade onde se expoñerá Data da semana ou semanas (unha ou dúas)
Para solicitar a exposición dirixirse á Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), apartado 301, Lugo,, Rúa García Abad, 3-1ºB,, 27004-Lugo. E-mail: lugo@agapema.com
Documentos Word:
|
|||||||||||||
|
|
||||||||||||||