para E. Primaria
| Final do VII Rebumbio Matemático Galego: Resultaron gañadores por este orde os equipos
|
||
|
PRIMEIRO POSTO: OS PENTÁGONOS do CEIP TEIXEIRO de Curtis
Compoñentes:
Alejandro Rey López
Andrea Vila Fariñas
Daniel Otero Cernadas
|
SEGUNDO POSTO:
LA PIRÁMIDE BLANCA do CEIP de Prácticas Anexa de A
Coruña
Compoñentes:
Aloia Guerreiro Caamaño
Hadrián Freire Rudiño
Paula Otero Fernández
|
TERCEIRO POSTO:
OS QUEBRADOS DO VENTORRILLO do CEIP María Barbeito de A
Coruña
Compoñentes:
Martín Iglesias Tomé
Andrea Pérez Presedo
Camila Pérez Pittaluga
|
EQUIPOS FINALISTAS: NORABOA ós participantes polo seu esforzo e perseverancia , esperamos ós seguintes equipos finalistas na fase final:
1. LUGAR DE CELEBRACIÓN A final galega terá lugar en A Coruña. O lugar de celebración da fase de zona indicarase no seu momento.
2. PARTICIPANTES A efectos de distribución territorial sinálanse sete zonas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, tendo en conta que se conta coa colaboración directa dos CEFORES de Galicia.
O VII Rebumbio Matemático está dirixido a todo o alumnado de 6º nivel de Educación Primaria dos centros educativos de Galicia. Cada centro pode participar con un equipo de tres alumnos por grupo (clase).
Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 31 de marzo, a súa inscrición enviando por correo electrónico a viirebumbio@yahoo.com a súa ficha de inscrición-centro, que se xunta, co número de grupos- clase de 6º de E. Primaria que van participar e o profesorado responsable da participación. Tamén o poden facer por correo postal a:
VII REBUMBIO MATEMÁTICO 6º E.
PRIMARIA
Apartado nº 4188.
15080-A Coruña
A comunicación cos participantes realizarase, salvo que se indique o contrario na inscrición, a través do correo electrónico.
3. FASES: Fase de Centro: Ten lugar no propio Centro. Nesta fase deben participar todos os alumnos de 6º do Colexio e dela debe saír un equipo de tres por cada grupo clase para acudir á Fase de Zona. Nesta primeira fase o Centro ten total autonomía para desenvolvela; debe estar rematada antes do 9 de abril e comunicados a AGAPEMA os datos dos integrantes do equipo seleccionado e mailos do Centro e profesor responsable, segundo a ficha de inscrición que se acompaña.
Fase de Zona: Celébrarase no lugar que se designe en cada unha das zonas o 4 de maio, venres, ás 10:30 horas. Os datos dos integrantes dos 15 equipos seleccionados para ir á Fase Final así como os datos do Centro e os do profesor responsable de cada equipo deben estar en posesión de AGAPEMA antes do 21 de maio.
Fase Final: Celebrarase no Fórum Metropolitano da Coruña. Nela participarán 15 equipos proporcionalmente ós presentados en cada zona na 2ª fase. A non participación dalgunha zona implicará o correspondente aumento de equipos da zona da Coruña. A decisión do Comité Coordinador encargado de valorar as probas é inapelable.
4. DATA E HORARIO A Fase Final terá lugar o día 1 de xuño, venres, do 2007, de 10:00 a 18:30 h.
5. TRASLADOS Os traslados desde o seu lugar de orixe ata o de celebración, tanto nas fases de zona como na fase final da Coruña, van por conta dos participantes.
6. ACTIVIDADES A REALIZAR Serán variadas que motiven ós participantes e alternándose as de tipo manipulativo coas de deducción e razonamento.
7. LEMBRANZA AGAPEMA expedirá a todos os alumnos das fases de Zona e Final un diploma acreditativo da súa participación no VII Rebumbio Matemático. Os tres grupos que demostren maiores destrezas e habilidades matemáticas, ademais do diploma acreditativo, recibirán de AGAPEMA un recordo do evento.
8. ¿A ONDE HAI QUE DIRIXIRSE? Por correo electrónico, mandando nun arquivo todos os datos a: viirebumbio@yahoo.com Información a través das páxinas web: http://www.agapema.com http://www.edu.aytolacoruna.es
Por correo postal a:
VII REBUMBIO MATEMÁTICO 6º E. PRIMARIA AGAPEMA. Apartado nº 4188. 15080-A Coruña
|
Descarga de Documentos en Word:
Organiza Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
Patrocina Concello de A CORUÑA
Colabora Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
|
|||||||||||||||||||