Ferrol Martes 20 de
Abril de 2004
O IES de Mugardos mostra material didáctico das Matemáticas de 1800
Esta exposición forma parte dun programa divulgativo do Concello / J. Meis Redacción / Ferrol
Dende hoxe e ata o 12 de maio está aberta no IES de Mugardos unha exposición sobre material didáctico das Matemáticas ata 1975, que recolle libros, apuntes, calculadoras, reloxos de sol e outras aportacións realizadas por alumnos, profesores e veciños da vila.
Entre os materiais que se encontran na mostra hai un libro desta especialidade de 1800, ademais dun apartado especial adicado ó catedrático Pedro Puig Adam, autor do “Decálogo do profesor de Matemática”.
A exposición está aberta á incorporación doutras aportacións que queiran achegar os visitantes coa fin de reunir o máximo número posible de materiais do ensino desta asignatura. A mostra pode visitarse de luns a venres de catro a seis e de doce a dúas da tarde nas fins de semana.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Sucesos |
Economía | Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |