O Departamento de Matemáticas do IES de Adormideras de A
Coruña considera que debe ser reconsiderada a prohibición do uso da
calculadora nas PAAU na asignatura de Matemáticas II porque:
1.- Se obvia o D.C.B de ESO e de Bacharelato ( RD 832/ 2003 e
Decreto 231/ 2002).
2.- O problema de cálculo do alumnado é un tema complexo
que cremos que haberá que resolver por abaixo e non por arriba. As solucións
teñen que vir camiño de atallar as causas que o crearon.
3.- É un xeito de privar ás alumnas e alumnos dun
instrumento cotián, e un retroceso nestes tempos de uso cada vez maior de máquinas
proglamables.
4.- Nas PAAU débense manter unhas condicións semellantes ás
que se producen no centro.
5.- É un prexuizo para o alumnado galego xa que o resto das
Comunidades do Estado permiten o seu uso.
6.- Para resolver o problema da distinción das calculadoras
hai que buscar outras solucións que non discriminen ao noso alumnado.
A Coruña, 24 de Febreiro de 2005.
Xefa do Departamento de Matemáticas:
Ana Otero
Baamonde.
DOÑA MARÍA TERESA IGLESIAS
OTERO, DIRECTORA DO GRUPO DE TRABALLO DE MATEMÁTICAS DAS PAAU.