Non haberá reunión....non esperedes
Despois de recibir un documento de contestación ao escrito da Asemblea de AGAPEMA, por parte da Directora do grupo de Traballo de matemáticas II, reunirnos con tres membros da CIUG (Presidente, Santiago Tarrío, e Vicepresidentes Manuel Bermejo e Hervés ) o día 21-12-2004 e despois de esperar varias semanas e ser consultados sobre distintas alternativas, vía telefónica polo presidente da CIUG, a nosa contestación foi: (2-2-2005):
Estimado Santiago
Como quedamos en nuestra conversación telefónica te digo, por escrito, una
breve opinión de AGAPEMA: La solución tiene que ser sencilla y simple, que la
acepte todo el mundo o el 99,99 por ciento de los implicados, profesores,
CIUG,... etc. Esa solución, creemos que la única posible, está en respetar el
consenso establecido desde hace muchos años sobre la prueba de selectividad en
Matemática y ese consenso existe no sólo en Galicia, sino también en
España y en todo el mundo. Respetar el DCB de la asignatura.
Un cambio no suficientemente experimentado puede traer consecuencias
imprevistas. Así que respondiendo a vuestra consulta -que agradecemos- nuestra
opinión es negativa. Puede tener aspectos positivos como el de recuperar
el uso de la calculadora en clase, pero negativos como que el alumno se enfrente
a una prueba decisiva en su vida en una forma que depende del azar (si sale
examen con o sin calculadora). Y, efectivamente, habría partes del currículo
que resaltan más o desaparecen según se use o no la calculadora.
En fin, como me repetiste en nuestra conversación telefónica, la decisión
-en cualquier sentido- es de la CIUG, no es nuestra, y no podemos más que
emitir una opinión: ser conservadores, conservad el consenso (ya de por si difícil
en un tema como la selectividad).
Un abrazo
Manuel Díaz
Propostas do Presidente da CIUG: (en conversacións telefónicas en xaneiro)
A) Que o exame tivese unha parte con calculadora e unha parte sen ela. (algo así como unha hora con calculadora e unha media hora sen ela). Pero na seguinte conversación telefónica retira esa proposta.
B) Os alumnos van ao exame
da Selectividade con calculadora. Ábrense os sobres do exame. Nese momento (ao
azar) o exame pode poñer con ou sen calculadora. Se pon sen,
naturalmente, retíranse as calculadoras do exame. Aspectos positivos: que os
centros non abandonen xa, como se está a facer, o uso da calculadora na clase e
nos exames dos Institutos. Nalgúns centros non só en 2º de Bacharelato,
senón na ESO e noutras materias. Algo aberrante ata para a propia CIUG. Pero é
algo que xa anunciaba a asemblea de AGAPEMA: o "efecto dominó".(A
opinión sobre esta proposta recóllese no escrito que figura no apartado
anterior)
Resúltanos difícil entender as razóns que levaron a tomar a decisión inicial de prohibir as calculadoras na Selectividade e o por que non se procede á rectificación da mesma, cando non se aportan argumentos que permitan manter unha situación que inflúe negativamente no alumnado a curto e a longo prazo. Seguimos, polo tanto, analizando...
Claves da situación (a través do escrito da Directora)
Un exame puntual (SIC):
Así califica o exame da Selectividade, por dúas veces, a Directora.
O baixo nivel de cálculo detectado nos alumnos ¿cando?
Pois a verdade
é que, en tal caso, o que puido detectar é que os alumnos teñen baixo nivel de uso da
calculadora, xa que todos os exames da Selectividade anteriores foron
con calculadora. De feito recoñece, no seu escrito, que iso é certo para os
alumnos que recibe na Facultade de Informática da Coruña: non saben
utilizar a calculadora. A única conclusión lóxica desa detección é que
deberíase ensinar mellor a usar a calculadora. Máis uso
racional da calculadora e non menos calculadora.
Os vocais non saben distinguir as calculadoras (Ademáis de que AGAPEMA
ofrécese para revisalas e distinguilas) Está claro que si se saben distinguir
en Matemáticas Aplicadas ás CC.SS., en Física, Química,.....que,
por outra parte, iso poderíase paliar con
algunha das propostas presentadas no escrito da Asamblea de
AGAPEMA.
Xa que logo, as verdadeiras causas:
Experimentar
¿da
mesma maneira en que parece ser o fan dous membros do grupo de traballo (Directora e
Vicedirectora) na súa Facultade, permitíndolles aos seus alumnos usar a
calculadora na clase e retirándollelas no exame? A súa asignatura chámase Cálculo
Numérico. Sen comentarios.
Unha concepción da exactitude nas matemáticas: Explicada xa nos documentos
enviados aos centros, pero mellor explicitada no escrito de contestación, a
Directora parece ser que considera que expresións que conteñen símbolos
matemáticos, sobre todo se teñen raíces cadradas, son máis exactas
que os decimais vulgares da calculadora, e trátase de fomentar a exactitude
nos alumnos....
Eliminación das calculadoras (SIC)
Aplicar os seus dereitos (liberdade de cátedra?) como Directora a
experimentar...
¿Porqué a CIUG non rectifica? Di que ata o 30 de xaneiro só recibiu 8 escritos de protesta (incluído o noso). Parece ser que se houbese máis.... se tivese máis repercusión nos medios de comunicación..... Polo que convocamos aos profesores, departamentos, claustros, consellos escolares, pais e alumnos a manifestar, se así o desexan, a súa opinión. Desde logo, retiramos calquera consideración de espera que mantivemos ata o momento. Non hai nada polo que esperar.... Non hai milagres...
¿Que vai facer AGAPEMA? AGAPEMA é unha asociación profesional e entre os seus cometidos está o que estamos a facer: asesorar a organismos, asesorar aos compañeiros, divulgar as claves dunha situación, divulgar os coñecementos dos seus membros, en suma, participar activamente sempre que estea en xogo a mellora da educación matemática.
¿É legal a medida?. Entendemos que non, xa que modifica o currículo establecido, e non ten capacidade legal para facelo. De todas maneiras serán os pais e os alumnos afectados, despois da proba -ou antes-, quen poidan ir aos tribunais a demandar aos responsables... porque serán os verdadeiros afectados.