AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| III Premio Arte e Xeometría |
III Premio "AGAPEMA-Concello de Lugo de Arte e
Xeometría”
BASES
DO PREMIO
No marco do obxectivo de promoción da Educación
Matemática e Artística, AGAPEMA (Asociación
Galega de Profesores de Educación Matemática)
e o Concello de Lugo convocan o "III
Premio de Arte e Xeometría” de
acordo coas seguintes bases:
1. O
obxecto do certame será a presentación de obras
orixinais (deseños, cadros, esculturas,
debuxos, óleos ,…, exceptuando fotografías) con contido xeométrico
apreciable na súa elaboración. O tamaño mínimo dos traballos presentados será
A3.
2. Poderán
concursar neste certame equipos de profesores e alumnos, só de alumnos, ou ben
un alumno de calquera centro educativo.
3. Concederanse
dous grupos de premios, un para centros educativos da provincia de Lugo, e outro
para centros de toda España. O importe de cada grupo de premios, será en
total, de 600 euros, distribuíndose nun primeiro premio de 300, un segundo de
200 e un terceiro de 100 euros.
4. Nun
sobre adicional aos traballos constará claramente o título e máis o nome dos
autores, así como o enderezo, centro educativo ó que pertencen, teléfono ou
outros datos de contacto.
5. O prazo
de presentación de traballos comprenderá dende o 15 de xaneiro
ata o 1 de xuño do 2005.
6. Os
traballos deberán remitirse ó
domicilio social da AGAPEMA .
AGAPEMA
Rúa García Abad 3-1º B
Lugo
Teléfono: 982240857
e-mail:
agapema@agapema.com
http://www.agapema.com
7 7. O Xurado encargado da resolución do premio valorará as dúas
facetas, o aspecto artístico da obra e o contido xeométrico. Dito Xurado
constará de cinco membros, tres serán nomeados por AGAPEMA e dous representarán
ao Concello de Lugo.
8. O
Xurado emitirá o fallo do premio e terá a facultade de interpretar as bases da
convocatoria.
9. O
fallo do Xurado será inapelable e farase público o día 8 de xuño no Concello
de Lugo.
10. O
Xurado poderá declarar deserto o premio.
11. Os
traballos presentados exporanse nun centro educativo de Lugo en xuño de 2005.
12. Os
traballos premiados serán propiedade da AGAPEMA. E exporanse en sucesivas actividades
13. Os
traballos non premiados poderán ser retirados polos seus autores no prazo de
seis meses desde a publicación do fallo. De non facelo así, os traballos serán
propiedade da AGAPEMA.
14. A
participación neste premio supón a aceptación destas bases.
