Ao Sr. Director Xeral de Universidades
ASUNTO:
Supresión do uso da calculadora nas PAAU (probas de Acceso á Universidade) na asignatura de Matemáticas no Bacharelato Científico e Tecnolóxico.
Como saberá, a finais do mes de Novembro , os centros de Ensino Medio recibiron notificación da CIUG na que se di: “...no exame de Matemáticas das PAAU NON ESTARÁ PERMITIDO O USO DE NINGÚN TIPO DE CALCULADORAS.”
Non é de recibo que a comunicación se envíe xa comezado o curso e a ponto de rematar o 1º trimestre do mesmo sen que o profesorado e alumnado que vai examinarse en Xuño teñan coñecemento previo da medida e fose posible facer un enfoque e programación do curso a corde coa medida que se toma. A esas alturas é obviamente imposible.
O lóxico seria ter anunciado a medida e que entrase en vigor nas PAAU dentro de dous anos cando se examinase o alumnado que asi poderia ter sido preparado ao longo dos dous cursos de bacharelato para poder enfrontarse cun mínimo de garantías ao exame.
Non se pode invocar, para implantar esta medida, como unha das razóns a posible discriminación da parte do alumnado que non teña calculadoras programables fronte aos que si a teñan e para “resolver” ese “problema” discriminar a todo o alumnado que se examinará este ano e o seguinte fronte ao dos próximos cursos e ao dos anteriores.
Item máis e máis grave: O alumnado galego veriase discriminado fronte ao doutras Comunidades Autónomas, xa que, polo que sabemos, será a nosa a única que vai implantar esta medida. (Chamativo, ¿non?. ¿Non existe este mesmo “problema” nas demáis?; caso de existir, ¿como o resolveron?; sería o máis científico, ¿non?).
Á hora de entrar na Universidade van ter en conta que o alumnado galego se pode ver perxudicado nas súas calificacións (por ter deixado resultados indicados pero sen calcular, por unha tipoloxía de exame diferente, pola falta de tempo, ...) fronte ao alumnado do resto do Estado. Inadmisible, ¿non?.
Cremos que a medida é de dudosa legalidade senon manifestamente ilegal, cando non teñen sido derrogados (que nós saibamos) os decretos publicados no BOE e no DOG que establecen os curriculos de bacharelato e que esta medida contradi clara e flagrantemente cando non é dun rango legal superior a eles. ¿Teñen valorado Vdes. o que podería supoñer que algún/s pais presentasen recursos ou demandas legais/xudiciais por considerar lesionados os seus lexítimos dereitos?.
Por todas as razóns expostas, esperamos de Vde. que inste á revisión e retirada da medida adoptada pola CIUG xa que “pode” crear bastantes máis problemas e discriminacións dos que “pretende” resolver, máxime cando poderian implementarse outro tipo de solucións que non discriminasen á totalidade do alumnado galego como publicitar unha relación dos modelos de calculadoras permitidas, garantir a preséncia dun vocal da asignatura de matemáticas que “distinga” as permitidas en cada local de exame, ou permitilas todas como se fai en outras comunidades.
Ourense, 22 febreiro de 2005
O Presidente