Os
profesores do Departamento de Matemáticas do IES Monte da Vila, que asinan esta
escrito, en relación coa suspensión do uso da calculadora nas PAU, queremos
deixar clara a nosa postura completamente en contra polos seguintes motivos:
1º) O DCB da ESO e do Bacharelato inclúen como obxectivo a aprendizaxe do
uso racional das calculadoras.
2º) Os alumnos están acostumados a utilizala, é unha ferramenta
imprescindible o cál non significa que non saiban facer as operacións nin coñecer
as razóns trigonométricas dos ángulos, posto que están no 2º curso do
Bacharelato e teñen alcanzados os obxectivos dos anos anteriores.
3º) Todos sabemos que nas probas de Selectividade os alumnos están
sometidos a unha presión moi elevada. Non utilizar a calculadora complicaría
moitísimo esta situación, creando inseguridade nos alumnos.
4º) Que a usen non restaría en absoluto o obxectivo da proba. Isto o
sabemos todos os profesores de Matemáticas tras moitos anos preparando ós
nosos alumnos.
5º) O argumento que vostede esgrima sobre que os profesores que vixían
poden ser de outra especialidade e non distinguir a calculadora programable da
que non o é, parécenos absurdo, posto que si ese é o problema organicen a
proba de outro xeito, pero nunca a costa da tranquilidade dos nosos alumnos.
6º) Que esta decisión foi tomada sen contar coa nosa opinión é clara
mostra do desprezo que habitualmente nos mostran.