Á Mesa do Parlamento

 

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a iniciativa dos deputados Manuel Luis Rodríguez González e Pedro Borrajo Rivas e da deputada Laura Seara Sobrado, a través do seu portavoz e ó abeiro do disposto nos artigos 98 e 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte Proposición non de lei urxente en Comisión.

Exposición de motivos

 

A urxencia vén motivada pola decisión que deben de adoptar os IES de Galicia para preparar debidamente ao alumnado que deberá presentarse ás PAAU (Probas de acceso á Universidade) no mes de xuño- .Ante a notificación da CIUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) de que non se permitirá o uso da calculadora.

Dende finais de novembro de 2004, os IES de Galicia veñen de recibir notificacións da CIUG polas que se lles notifica que o alumnado non poderá utilizar a calculadora nas probas de acceso á Universidade, para a realización dos exames da materia de Matemáticas.

A potenciación do uso racional das calculadoras é un dos obxectivos mencionados nos DCB (Deseño Curricular Base) de matemáticas da ESO e Bacharelato.

Por outra banda a costume no uso deste recurso didáctico á vez que axiliza os procesos dá certidume e seguridade ao alumnado.

As razóns arguidas pola CIUG non parece en absoluto convincentes, e a falta de instruccións complementarias no desenvolvemento curricular, absolutamente oportunas. A igualdade de oportunidades ten ben fácil maneira de garantirse.

Entre outras, basta unificar os criterios para a utilización deste dispositivo.

A Adminístración educativa galega debe de garantir estes principios, garantir os dereitos do alumnado do que é responsable.

Non parece que haxa xustíficacións serias para a adopción desta medida, rexeitadas por o profesorado e por o alumnado galego.

Parecería. por contra, máis prudente, garantir a adecuación das probas de acceso á universidade na materia de matemáticas, cuestión demandada reiteradamente en todos os procesos celebrados en anos anteriores.

Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a seguinte proposición non de leí:

 

O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1.) Que garanta os dereitos do alumnado galego que vai a realizar as PAAU en 2005.

2.) Preservar o dereito ao uso da calculadora por:

· Ser un obxectivo de coñecemento.

                            · Garantir a non discriminación do alumnado galego con respecto ao resto das comunidades autónomas, establecendo as modalidades e límites operacionais das que se permita o uso.

3.) Darase cumprida notificación e información sobre as caracteristicas das mesmas aos centros de ensino, ao alumnado afectado, así como ás asociacións de estudiantes con representación en Galicia

Pazo do Parlamento, 9 de marzo de 2005

 

 

Asdo.: Manuel Luís Rodríguez González

Pedro Borrajo Rivas

Laura Seara Sobrado

Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: Emilio Pérez Touriño

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia.