A CIUG NEGA AS NOVAS TECNOLOXIAS

A ANPA do Sofía Casanova quere manifestar o seu rexeitamento ante a nova comunicación dada pola CIUG, e asinada pola Directora do Grupo de Traballo de Matemáticas, Dª Teresa Iglesias Otero.

 

Dita comunicación está chegando aos centros de sencundaria, onde se explican as novas normas que rexirán as probas de acceso á universidade (PAAU, selectividade) para o curso 2004 -2005; en dito comunicado establécese: "a prohibición do uso da calculadora nas PAAU (selectividade) na asignatura de Matemáticas II" baséandose en dous puntos:

1 A dificultade con que se atopan as vocais e os vocais, das PAAU, en distinguir as calculadoras programables doutras.

2 E a preocupante disminución de cálculos nas nosas estudantes e nos nosos estudantes.

 

Dende esta ANPA consideramos:

 

1-Que se obvia o DCB onde se manifesta o uso racional da calculadora

 

2.-Ponse en entredito, e "ás veces", que sexan quen de diferenciar entre ditas calculadoras as vocais e os vocais dos tribunais da selectividade, que en Matemáticas II sí son capaces de facelo aínda que non nas outras asignaturas de Física I Química e Matemáticas aplicadas

 3. Ë un xeito de privar ás alumnas e alumnos dun instrumento cotidiá, e negar as Novas Tecnoloxías

4. Débense manter unhas condicións semellantes ás que se producen nos centros

5. Que estamos a falar de que en Andalucía, Cantabria, Castela e León, Castela -A Mancha, Valencia, Madrid, A Rioxa pódese manter distintos tipos de calculadoras e só é na Galiza onde se prohiben.

 Esiximos da CIUG e a Consellería de Educación unha retificación ante está nova norma, polo que emprenderemos unha recollida de sinaturas que avale a nosa esixencia.

A.P.A.I.E.S. SOFIA CASANOVA N.I.F.: G-15.322.0S0 Rúa Galego Soto, sin. 15403-FERROL

A Presidenta Asdo. Mª Jesús Lois