AGAPEMA

 Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática

CURSO DE ESTATÍSTICA E MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 volver - correo

CONVOCATORIA DIRIXIDA Ó PROFESORADO DE GALICIA

TÍTULO: ESTATÍSTICA E MEDIOS DE COMUNICACIÓN

ORGANIZA: AGAPEMA

MODALIDADE: Curso

COORDINADOR: Xosé María Barca López

RELATOR: Xosé Enrique Pujales Martínez

DESTINATARIOS: Profesorado de matemáticas de educación primaria e secundaria e persoal especializado que reúna os requisitos establecidos para o exercicio das súas funcións en centros públicos ou privados dentro do ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
Terán prioridade os socios de AGAPEMA.
Estar impartindo matemáticas nos centros educativos de Santiago e arredores.
Orde de chegada da inscrición.

NÚMERO DE PRAZAS: 30

LUGAR: Santiago de Compostela. IES Arcebispo Xelmírez I.

OBXECTIVOS:
· Reflexionar en grupo sobre conceptos relacionados coa estatística e a probabilidade.
· Explorar os recursos dos medios de comunicación como fonte de información e coñecemento estatístico.
· Facilitar a utilización dos medios de comunicación como soporte didáctico para a aprendizaxe da estatística.

CONTIDOS:
A probabilidade na vida cotiá. Coincidencias e casualidades. Diferentes reaccións ante productos igualmente nocivos.
Erros e valoracións éticas.
Distribucións de probabilidade, xogos equitativos e lei dos grandes números. Timos. Actitudes supersticiosas.
A mostraxe: usos e abusos. Distintas modalidades de sesgos. Técnicas de mostraxe creativas e enxeñosas.
Grupos de control, dobre cego e o problema do placebo.
Estimación, fichas técnicas e desagregación de datos. Obxectividade fronte a manipulación.
Decisións baseadas en estudios rigorosos e en estudios “chapuceiros”. Consecuencias sociais das decisións.
Racionalidade fronte a superstición.
Distribucións bidimensionais. Causalidade e casualidades.
Gráficos estatísticos fiábeis e gráficos tendenciosos.

METODOLOXÍA:
O estudio de cada tema dividirase en varias fases:
1) Introducción do tema
2) Traballo en grupos reducidos co material entregado
3) Presentación das conclusións do grupo reducido ó grupo amplo.
4) Debate no grupo amplo.

HORAS DE FORMACIÓN: 16

PERÍODO DE REALIZACIÓN:
Desenvolverase no mes de abril os días 16, 17, 23 e 24 de 2004.
O horario será de 17 a 21 horas os venres (días 16 e 23) e de 10 a 14 horas os sábados (días 17 e 24).

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:
Será imprescindible a asistencia ó 85% da duración total da actividade para ter dereito á certificación.

RECEPCIÓN DE SOLICITUDES: AGAPEMA. Aptdo. 1097 – Santiago
Correo electrónico: jbarca@edu.xunta.es


volver - correo