AGAPEMA |
|
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
| ACORDO DE RECIPROCIDADE AGAPEMA - SGAPEIO |
ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESORES DE EDUCACIÓN MATEMÁTICA (AGAPEMA)
E
SOCIEDADE GALEGA PARA A PROMOCIÓN DA ESTATÍSTICA E DA INVESTIGACIÓN DE OPERACIÓNS (SGAPEIO)
En concordancia cos estatutos en vigor de ámbalas sociedades (artígos 5 de AGAPEMA e 2.2 da SGAPEIO) tras consulta e aprobación dos órganos de goberno respectivos, os presidentes destas sociedades firman o presente acordo de reciprocidade.
1.-A SGAPEIO recoñece a tódolos socios numerarios de AGAPEMA, ao corrente do pago das súas cuotas, o dereito a ser socios de reciprocidade e fixa a sua cuota anual no 50% da cuota correspondente á dos membros individuais da SGAPEIO.
2.-AGAPEMA recoñece a tódolos socios numerarios individuais da SGAPEIO, ao corrente do pago das súas cuotas, o dereito a ser socios de reciprocidade e fixa a súa cuota anual no 50% da cuota correspondente a dos socios numerarios de AGAPEMA.
3.-O importe da cuota de reciprocidade cobraráo cada sociedade xuntamente co cargo anual a cada socio. Cada sociedade remitirá anualmente a sociedade recíproca o importe correspondente da cuota de reciprocidade.
4.-Esta opción será comunicada anualmente por cada unha das sociedades a tódolos seus socios, indicando explícitamente o importe a sufragar tras aplicar as anteriores porcentaxes a cuota anual correspondente.
5.-Ámbalas sociedades comprométense a facilitarse os datos necesarios sobre os socios de reciprocidade para non ter problemas co pago das cuotas. Para isto arbitrarase o mecanismo que se considere oportuno.
6.-A AGAPEMA e a SGAPEIO comprometense a :
-Intercambiar as súas publicacións periódicas.
-Cursarse invitacións para actividades relevantes organizadas por cada unha das dúas sociedades.
-Manter contactos periódicos co obxecto de estudiar e resolver os problemas que existen sobre o ensino e a investigación en matemáticas.
-Organizar algún evento puntual conxuntamente
7.-O presente acordo perderá a súa validez por incumplimiento dos obxectivos do mesmo ou por desexo dunha das partes, sempre que sexa refrendado polos seus órganos de goberno e sexa comunicado coa suficiente antelación.
O presente acordo fírmase simultaneamente polos Presidentes de ámbalas dúas sociedades na cidade de A Coruña o día 1 de marzo de 2002.
O Presidente da AGAPEMA, A Presidenta da SGAPEIO,
Fdo.: Manuel Díaz Regueiro Fdo.: Carmen Cadarso Suárez
Nota:
No ano 2003 un socio de AGAPEMA e de reprocidade con SGAPEIO
pagará 15 (SUMA)+25 (AGAPEMA)+ 15 (SGAPEIO) euros
E un socio de SGAPEIO e de reciprocidade con AGAPEMA pagará 30 (SGAPEIO)+15 (SUMA)+ 12,5 (AGAPEMA)